Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Isili0n moveu a páxina "Goberno Provisional Ruso" a "Goberno provisional ruso" sobre unha redirección
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
}}
{{Contén texto cirílico}}
O '''Goberno Provisionalprovisional Rusoruso''' formouse en [[Petrogrado]] despois da abdicación do [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] durante a [[Revolución de Febreiro]] de [[1917]]. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes, principalmente de coalición entre políticos liberais e socialistas moderados, que trataron infrutuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular [[Primeira Guerra Mundial]], ata a toma do poder dos [[bolxevique]]s en novembro, ala radical do [[Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia]], na [[Revolución de Outubro]].
 
O primeiro goberno estivo formado exclusivamente por políticos burgueses, coa única excepción de [[Aleksandr Kerenskii]], do [[Partido Social-Revolucionario]] (SR), que ingresou no goberno a título persoal. Durou apenas dous meses antes de cesar durante a [[Crise de abril de 1917 en Rusia|Crise de abril]] debido ás diferenzas sobre a guerra entre socialistas e os membros máis conservadores do Consello de Ministros. Formouse entón o primeiro dos varios Gobernos de coalición entre liberais e socialistas. O príncipe [[Georgii Lvov]] mantívose á fronte do novo Goberno ata despois do fracaso da [[Ofensiva de Kerenskii]], a crise cos membros do [[Partido Democrático Constitucional]], os [[kadete]]s, pola tensión cos nacionalistas ucraínos e as [[Xornadas de Xullo]], cando lle sucedeu Kerenskii á fronte dun gabinete temporal de socialistas e liberais independentes. Estes primeiros gobernos realizaron unha ampla labor de reforma política, pero non resolveron os problemas máis importantes da poboación: a fin da guerra, a reforma agraria, os cambios nas condicións dos obreiros urbanos e as aspiracións das minorías.
Liña 29:
O novo acordo entre ''kadetes'' e socialistas xurdido tras semanas de negociacións puxo fin á crise gobernamental do verán, pero non resolveu os desacordos entre eles nin permitiu avanzar nas reformas sociais e económicas esixidas cada vez con máis insistencia pola poboación nin levou a avances no fin da guerra. O verán trouxo a radicalización da situación en Rusia: mentres a dereita tendía a buscar unha figura autoritaria que impuxese orde, acabase coa crise e retomase a guerra con vigor, a esquerda reclamaba cada vez con maior insistencia a aplicación de profundas reformas políticas, sociais e económicas. A falta de resultados das accións do Goberno e o fracaso do [[golpe de Kornilov|intento de golpe de Estado]] do comandante en xefe do Exército, debilitaron tanto á dereita como ao Goberno, ao que se viu involucrado no mesmo, e reforzaron a posición da esquerda radical, favorable á toma do poder polos [[soviet]]s.
 
A mediados do outono, a situación de crise e a debilidade do Goberno levaron á discusión aberta dun cambio de Goberno e a formación dun puramente socialista. Mentres no campo os soviets aceleraban unha reforma agraria oficiosa e se independizaban de feito da administración central, nas cidades crecía o apoio á esquerda radical; cando os bolxeviques decidiron tomar o poder a través dos soviets no [[Revolución de Outubro#O Segundo Congreso Nacional de Consellos e o golpe bolxevique|Segundo Congreso Nacional dos Soviets]], a oposición gobernamental foi mínima. A [[Revolución de Outubro]] puxo fin ao período do Goberno Provisionalprovisional e deu paso a un novo bolxevique, o [[Sovnarkom]].
 
== Creación do Goberno Provisionalprovisional ==
[[Ficheiro:Г. Е. Львов.jpg|[[Georgii Lvov]], prestixioso liberal e primeiro presidente do Goberno Provisionalprovisional trala [[Revolución de Febreiro]].|miniatura|200px|esquerda]]
O [[Comité provisional da Duma Estatal]] invitou o comité executivo do [[Soviet de Petrogrado]] a tratar a situación política o {{xulgregdata|14|3|1917}} e reuníronse esa mesma tarde.<ref name="basil29">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 29</ref><ref name="wade5">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 5</ref> Para entón o comité executivo provisional do soviet xa decidira non ingresar no novo Goberno; a toma do poder non se formulara.<ref name="ferro90"/> A reunión foi cordial entre os [[menxevique]]s [[Nikolai Chjeidze]], Sujanov e Sokolov, e os liberais [[Pavel Miliukov]], [[Aleksandr Guchkov]] e [[Georgii Lvov]]. Os primeiros mostráronse dispostos a ceder o Goberno aos segundos e manterse fora<ref name="ferro90">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 90</ref> do novo Consello de Ministros.<ref name="basil29"/> A cambio do apoio dos socialistas,<ref name="wade5"/> estes esixiron a promulgación de dereitos civís<ref name="wade5"/><ref name="ferro90"/><ref name="wade48"/> (de asociación, de formación de partidos políticos, de liberdade de prensa...).<ref name="basil29"/> Debía liberarse ademais os presos políticos,<ref name="ferro90"/> estenderse os dereitos civís aos soldados e convocarse canto antes unha [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="basil29"/><ref name="ferro90"/><ref name="wade48"/><ref name="kochan183">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 183</ref> Esta debía elixirse por sufraxio universal, directo, igualitario e secreto, e definiría a Constitución do país e a súa forma de Goberno (proclama do {{xulgregdata|16|3|1917|corto=true}}, ao día seguinte da formación do novo Consello de Ministros<ref name="wade53"/>).<ref name="kochan183"/><ref name="vnloewe172">[[#Bibliografía|Von Loewe (1967)]], p. 172</ref> O soviet da capital ofreceu publicamente o seu apoio<ref name="ferro93">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 93</ref> ao novo Goberno mentres se ativese ao acordo pactado,<ref name="ferro90"/><ref name="wade48"/> pero rexeitou entrar no mesmo.<ref name="vnloewe172"/> O Comité Executivo do soviet rexeitou a proposta dos deputados da [[Duma|Duma Imperial de Rusia]] para incluír a Chjeidze e Kerenskii no novo gabinete,<ref name="wade5"/> aínda que Kerenskii aceptouna pola súa conta e logrou máis tarde o respaldo do pleno do soviet ao día seguinte.<ref name="wade48">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 48</ref><ref name="wade6"/> O soviet consideraba que a revolución fora burguesa e que, sendo así, os socialistas non debían formar parte do Goberno.<ref name="wade48"/><ref name="wade6">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 6</ref> Este quedou entón formado por liberais, conservadores moderados e Kerenskii.<ref name="wade48"/>
 
Cando o [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] abdicou o {{xulgregdata|15|3|1917}} e o seu irmán [[Miguel Aleksandrovich Romanov|o Gran Duque Miguel]], rexeitou o trono ao día seguinte, o Goberno Provisionalprovisional comezou a rexer o [[Imperio Ruso]] de xeito formal, pero o seu poder estaba realmente limitado pola crecente autoridade do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="rabinowitch29">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 29</ref>
 
O novo Goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abrumador e contou con moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo Primeiro Ministro [[Georgii Lvov]],<ref name="ferro93"/><ref name="wade54">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 54</ref> progresista e respectado veterano do traballo nos ''[[Zemstvo|zemtsvos]]''.<ref name="rabinowitchxxi">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXI</ref> A maioría dos seus membros proviñan do [[Partido Democrático Constitucional]] encabezado por [[Pavel Miliukov]], quen ocupou a carteira de Exteriores.<ref name="ferro93"/><ref name="wade54"/> O novo Consello de Ministros, porén, era débil e a súa autoridade era limitada en gran parte do país e na propia capital.<ref name="basil97">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 97</ref> Os diversos nacionalismos do Imperio, as divisións entre os socialistas e a oposición entre estes e os liberais menoscababan o poder gobernamental.<ref name="basil97"/> Petrogrado quedou a mercede do soviet.<ref name="vnloewe174">[[#Bibliografía|Von Loewe (1967)]], p. 174</ref> O desexo da poboación de non limitar a revolución a reformas políticas, senón que incluíse medidas sociais e económicas complicou ademais desde o comezo as relacións entre os liberais e os socialistas.<ref name="mosse104"/> As diferenzas sobre a guerra —moi impopular— tamén dificultaron o entendemento entre ambos os grupos.<ref name="mosse105">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 105</ref> A concepción provisional do Goberno, o convencemento de que só aquel que xurdise da Asemblea Constituínte elixida democraticamente por sufraxio universal secreto podería decidir as cuestións fundamentais políticas, sociais e económicas,<ref name="ferro220">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 220</ref> e os desacordos entre fraccións no Goberno fixeron que este pospuxese continuamente as reformas de importancia.<ref name="wade55">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 55</ref>
Liña 45:
* O desexo de lograr unha paz xeral negociada.
* A súa intención de defender activamente o país ata a consecución da paz.
* A súa disposición a colaborar co Goberno Provisionalprovisional e, a partir de maio, incluso de ingresar nel nunha coalición de liberais e socialista. A esta ía unida unha preferencia por resolver as diferenzas cos liberais mediante a negociación e certa insistencia a acudir ao apoio das masas para reforzar a súa postura, temerosos sempre de desatar unha guerra civil.<ref name="wade72">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 72</ref>
* A defensa de amplas reformas sociais e económicas, aínda que se mostraron dispostos a pospoñer as medidas máis controvertidas ata a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] ou ata o final da contenda.
* A súa defensa do proceso democrático como base das decisións políticas.
Liña 53:
Este bloque moderado fíxose pronto co control do [[Soviet de Petrogrado]] e multiplicouse por todo o país: dominou a maioría dos [[soviet]]s e, tralas eleccións do verán, a maioría dos concellos, ademais do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]] xurdido do primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas as Rusias]] celebrado en xuño.<ref name="wade72"/> A pesar da súa disposición a colaborar cos liberais, os socialistas nunca abandonaron certa hostilidade e receo ás actividades dos partidos máis conservadores, o que complicou a cooperación.<ref name="wade80">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 80</ref> Contrarios a que os soviets tomasen o poder, tampouco se mostraron dispostos a someterse incondicionalmente á autoridade formal do Goberno.<ref name="wade80"/>
 
A dualidade do poder político, dividido na capital entre o Goberno Provisionalprovisional e o [[Soviet de Petrogrado]], e no resto do país entre as institucións da administración e os diversos soviets, debíase á división social do país: mentres que o Goberno e as administracións representaban principalmente as clases medias e altas, os soviets eran os representantes das clases baixas. O primeiro trataba de realizar unha reforma política sen grandes cambios na estrutura social e económica, mentres que os soviets reflectían os desexos das clases desfavorecidas de levar a cabo profundos cambios sociais e económicos.<ref name="wade84"/>
 
== Principais problemas ==
=== O Goberno Provisionalprovisional e a desilusión do campesiñado ===
No campo, tras un primeiro momento de escepticismo e cautela<ref name="wade127">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 127</ref><ref name="ferro369">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 369</ref> sobre a caída do [[tsar]], a reacción xeral entre os campesiños foi de alegría.<ref name="gill241"/> Esta actitude favoreceu inicialmente ao Goberno Provisionalprovisional e a continuación da guerra, pero o apoio do campesiñado ao Goberno non era incondicional e dependía da súa actuación en favor dos intereses dos labradores, tal e como estes os entendían.<ref name="gill242">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 242</ref> A actitude<ref name="uldricks618"/> do Goberno nas tres áreas de maior interese para os campesiños (a administración local, que esperaban que fose elixida nos pobos, a propiedade da terra,<ref name="wade133"/> que desexaban pasase ás súas mans<ref name="wade127"/><ref name="ferro368">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 368</ref> tras ser expropiada aos terratenentes,<ref name="uldricks618"/> e a política de abastecemento de alimentos ás cidades), non foi do agrado do campesiñado.<ref name="gill243">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 243</ref>
 
[[Ficheiro:CampesinosRusos--throughrussianre00willuoft.jpg|Campesiños rusos durante a época da revolución. Para o campesiñado, os obxectivos da revolución eran a entrega das terras da Coroa, os mosteiros e os terratenentes a aqueles que as traballaban, e unha maior autonomía do campo respecto do Goberno. A falta de acción gobernamental para satisfacer estas aspiracións levou á desilusión dos campesiños co Goberno e á ocupación de terras, a miúdo coa connivencia dos soviets locais.|miniatura]]
Liña 74:
 
=== O Goberno e a guerra mundial ===
==== O Goberno Provisionalprovisional e o control das forzas armadas ====
Desde os primeiros días da [[Revolución de Febreiro]], o Goberno fracasou nos seus intentos de tomar o control das forzas armadas, que quedaron na práctica baixo a influencia dos soviets.<ref name="rabinowitch49">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 49</ref><ref name="mosse415">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 415</ref> A elección de representantes militares para os soviets, a aprobación da [[Orde número 1]], que limitaba a autoridade do gabinete á política do [[Soviet de Petrogrado]], e a proximidade do programa de paz deste aos desexos maioritarios dos soldados, reforzaron a autoridade dos soviets e frustraron o control gobernamental das forzas armadas.<ref name="rabinowitch49"/>
 
Liña 91:
En parte para reforzar a súa posición negociadora, tanto o Soviet como o Goberno fomentaron a preparación dunha [[ofensiva de Kerenskii|ofensiva militar]] durante o verán que, tras efémeros avances, acabou en derrota e acelerou a desintegración do Exército e, con el, a fortaleza da posición negociadora rusa ante os seus aliados.<ref name="wade43">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 43</ref>
 
Tralas crises gobernamentais do verán, a diplomacia rusa, tanto do Goberno como do [[Soviet de Petrogrado]], retomou con nulo éxito os esforzos por lograr a paz, cada vez máis desexada pola poboación segundo se acercaba o inverno.<ref name="wade44">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 44</ref> A falta de resultados desprestixiou aos socialistas moderados, incapaces de adoptar un plan alternativo ou de aceptar unha paz separada con Alemaña.<ref name="wade44"/> O Goberno británico finalmente negouse a estender pasaportes aos seus cidadáns para acudir á conferencia socialista de Estocolmo a mediados de agosto,<ref name="wade110">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 110</ref> e a comenzos de setembro os ''defensistas'' tiveron que admitir que as probabilidades de lograr a paz a curto prazo seguindo o seu plan eran desprezables.<ref name="wade116">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 6116</ref> A vacilación dos socialistas Aliados, a oposición dos seus Gobernos, a falta de apoio entre a poboación destes países e a aparente falta de respaldo do propio Goberno ruso desbarataron os planes dos socialistas moderados, o que reforzou a posición dos [[bolxevique]]s, única forza que parecía prometer unha paz inmediata.<ref name="wade117">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 117</ref> Poucos días antes do derrocamento do Goberno Provisionalprovisional polos bolxeviques, os Aliados expresaron a súa oposición a aceptar a un delegado do Comité Executivo Central (Skóbelev) na próxima conferencia interaliada que, aclararon, non trataría sobre a paz nin sobre unha posible revisión dos obxectivos dos belixerantes, senón de como revitalizar as operacións militares.<ref name="wade133">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 133</ref> O empeño dos Aliados na vitoria militar e o seu convencemento de que esta era posible, especialmente trala entrada en guerra dos [[Estados Unidos]], impediron que frutificasen os intentos dos ''defensistas'' revolucionarios de lograr unha paz negociada e paralizaron a acción política destes.<ref name="wade145">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 145</ref> A actitude Aliada de alargar as conversas cos rusos frustrou os intentos rusos de lograr unha paz que non fose unha vitoria total, pero ao prezo de favorecer aos bolxeviques.<ref name="wade146">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 146</ref> O Goberno Provisionalprovisional mostrouse lento nas súas accións a favor da paz e, desde comenzos do verán, cada vez menos interesado en tratar a cuestión cos Aliados, considerando que o momento non era propicio para lograr un acordo con estes.<ref name="wade146"/> A poboación e especialmente os soldados esperaban a firma rápida da paz e o regreso aos seus fogares para comezar a repartición das terras. A falta de resultados fixo que un número crecente abandonase a súa anterior actitude ''defensista'' para pasar a apoiar aos [[bolxevique]]s.<ref name="wade147">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 147</ref> A incapacidade dos sucesivos gabinetes de alcanzar a paz desprestixiou intensamente ao Goberno provisional.<ref name="mosse105"/>
 
=== Os nacionalismos ===
A caída da autocracia fomentou o crecemento dos nacionalismos do antigo [[Imperio Ruso]], que xurdiron con diversa forza e variadas exixencias, desde modestas autonomías culturais ata a independencia.<ref name="wade144">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 144</ref> Estes movementos foron radicalizándose ao longo de [[1917]],<ref name="wade144"/> aínda que as exixencias de independencia total da nova república rusa escasearon.<ref name="wade2000147">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 147</ref>
 
Socialistas e liberais coincidían en opoñerse<ref name="wade147"/><ref name="ferro381">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 381</ref> a reformar o Imperio de acordo a divisións culturais e relixiosas, a pesar do seu desexo de reforzar os Gobernos locais.<ref name="basil97"/> Trataron de impedir a secesión das diversas minorías culturais do país e pospoñer as medidas sobre posibles autonomías ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]],<ref name="wade147"/><ref name="ferro387">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 387</ref> que confiaban apoiaría a centralización do país.<ref name="basil97"/> Tanto o [[Soviet de Petrogrado]] como o Goberno Provisionalprovisional opuxéronse ás exixencias políticas das minorías non rusas do Imperio.<ref name="wade147"/><ref name="basil98">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 98</ref> Rexeitouse tamén a reforma das unidades militares para crear novas formacións de acordo á nacionalidade.<ref name="ferro389">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 389</ref> O Goberno confiaba ademais que as novas liberdades políticas acabasen coas tensións nacionalistas e consideraban este problema como secundario.<ref name="wade148">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 148</ref> Os bolxeviques e o resto da esquerda radical mostráronse máis favorables ás exixencias nacionalistas, pero dunha maneira vaga.<ref name="ferro385">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 385</ref>
 
As Cortes finlandesas encontráronse coa desaprobación de socialistas moderados e liberais ao proclamar a autonomía, e estes trataron de atrasar as negociacións cos nacionalistas ucraínos ata que finalizase a guerra.<ref name="basil98"/> A proclamación dunha ampla autonomía pola [[Rada Central Ucraína]] o {{xulgregdata|23|6|1917}} foi rexeitada polo Goberno provisional,<ref name="ferro391">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 391</ref> que rogou á Rada que pospuxese calquera medida ata a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="basil98"/> A negativa da Rada e as posteriores negociacións entre as dúas partes precipitaron a crise de Goberno que en xullo acabou co primeiro goberno de coalición pola dimisión en bloque dos ministros ''[[kadete]]s'', opostos ás concesións aos [[Ucraína|ucraínos]].<ref name="ferro391"/><ref name="basil99">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 99</ref> Só o último gabinete de coalición do outono prestou certa atención aos nacionalismos e realizou algunhas concesións tardías que non satisfixeron aos nacionalistas das minorías e que en última instancia quedaban condicionadas ás decisións da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="wade148"/>
Liña 114:
O Exército, que crecera en millóns en 1916, tampouco recibía a cantidade de alimentos necesarios para manter ás tropas, e a recomendación de reducir o número de efectivos para non ter que reducir as racións non foi aceptada polas autoridades.<ref name="pethybridge387">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 387</ref> O desabastecemento das tropas fomentaba o descontento<ref name="wade2000133">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 133</ref> e a insubordinación.<ref name="pethybridge388">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 388</ref> Os pertreitos tamén escaseaban, en parte pola crise política que reduciu a produción de armamento, moi concentrada na capital.<ref name="pethybridge389">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 389</ref> A falta de recursos foi crucial na decadencia do Exército e no aumento das desercións, que contribuíron a desbaratar aínda máis o sistema de transporte.<ref name="pethybridge391">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 391</ref> O aumento do derrotismo, das desercións e a falta de control gobernamental do Exército tiveron importantes consecuencias: os soldados que abandonaban a fronte, na súa maioría campesiños, levaron con eles a propaganda bolxevique, que estendeuse polas provincias e avivou o desexo dunha entrega inmediata das terras; a falta dun instrumento de coerción impediu ao Goberno enfrontarse ao caos crecente.<ref name="pethybridge97">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 97</ref> Desaparecida a antiga policía tsarista, as novas milicias non estaban baixo o control do Goberno de Petrogrado e, a miúdo, nin sequera dos Gobernos locais.<ref name="wade56">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 56</ref>
 
O Goberno Provisionalprovisional tratou de solucionar o problema do desabastecemento mediante tres medidas principais:<ref name="pethybridge391"/><ref name="pethybridge97"/>
* O establecemento do monopolio do gran<ref name="ferro377"/><ref name="pethybridge90">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 90</ref> ({{xulgregdata|4|4|1917|curto=true}}) para tratar de acabar coa especulación<ref name="pethybridge28"/> e o aumento dos prezos.<ref name="pethybridge98">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 98</ref> Este indispuxo aos comerciantes privados de gran e aos campesiños.<ref name="pethybridge98"/><ref name="pethybridge392">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 392</ref> Os primeiros declararon que o Estado sería incapaz de substituílos,<ref name="pethybridge98"/> e os segundos o vían como un roubo legalizado das súas colleitas e preferiron retelas,<ref name="pethybridge98"/> vendelas a estraperlistas ou convertelas en licor.<ref name="pethybridge392"/> Tras intentar en vano convencer aos campesiños para que vendesen o seu gran ao prezo oficial, o {{xulgregdata|9|9|1917|curto=true}} o Goberno decidiu duplicar o prezo ofrecido, sen resultados.<ref name="pethybridge392"/> A organización do sistema monopolístico foi ademais deficiente, lenta e incapaz de coaccionar ao campesiñado.<ref name="pethybridge393">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 393</ref>
* A imposición de cartillas de racionamento.
Liña 135:
=== Primeiro gabinete ===
[[Ficheiro:Временное правительство (Россия).jpg|Ministros do primeiro gabinete do Goberno provisional.|miniatura|dereita]]
Os membros máis destacados do primeiro gabinete do Goberno Provisionalprovisional foron políticos dos partidos burgueses,<ref name="wade7">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 7</ref> entre eles o profesor de historia [[Pavel Miliukov]] (na carteira de Exteriores<ref name="rabinowitch29"/> e figura dominante do Goberno), [[Nikolai Nekrasov]] (Transporte), [[Andrei Shingariov]] (Agricultura) e [[Aleksandr Manuilov]] (Educación), todos eles membros do [[Partido Democrático Constitucional]].<ref name="rabinowitchxxi"/> O ministerio da Guerra quedou nas mans do magnate conservador [[Aleksandr Guchkov]],<ref name="rabinowitchxxi"/> do máis conservador [[Partido Outubrista]].<ref name="rabinowitch29"/> Finanzas pasou a estar dirixido por [[Mikhail Tereshchenko]], magnate xurdido da nada, mentres que para xustiza nomeouse ao [[Partido Social-Revolucionario|socialrrevolucionario]] [[Aleksandr Kerenskii]]<ref name="wade6"/><ref name="rabinowitchxxii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXII</ref> que infrinxiu a prohibición do [[Soviet de Petrogrado]] de que os socialistas participaran no Goberno.<ref name="rabinowitch29"/>
 
O Goberno, elixido principalmente pola [[Duma Estatal do Imperio Ruso|Cuarta Duma]] que se formara por un censo moi restrinxido, non era tan representativo da poboación como pareceu a moitos dos seus contemporáneos.<ref name="rabinowitchxxii"/> Os [[soviet]]s, xurdidos en febreiro e durante o resto da primavera en todo o [[Imperio Ruso]], crearon en maio e xuño uns consellos executivos (un de campesiños e outro de soldados e traballadores) que, en conxunto, eran un mellor reflexo da poboación e constituían un centro de poder<ref name="wade8">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 8</ref> alternativo ao Goberno.<ref name="rabinowitchxiii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXIII</ref> Os desacordos entre o Goberno, fundamentalmente liberal e decidido a pospoñer a [[reforma agraria]] e a continuar a guerra ata lograr a vitoria, e o [[Soviet de Petrogrado]], formado por socialistas desexosos de aplicar reformas sociais, apareceron pronto.<ref name="rabinowitch30"/> Estes diferentes<ref name="wade8"/> puntos de vista plasmáronse xa na ausencia dunha postura sobre a guerra<ref name="wade9">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 9</ref> e o problema da terra no programa do Goberno publicado o {{xulgregdata|15|3|1917}}.<ref name="rabinowitch30"/> A pesar disto, foi durante o período deste primeiro gabinete do Goberno Provisionalprovisional cando levouse a cabo o groso da tarefa lexislativa aprobada durante os oito meses anteriores á [[Revolución de Outubro]].<ref name="mosse416">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 416</ref>
 
Os soviets ata o outono de 1917 non constituíron unha ameaza seria para o Goberno ao estar controlados maioritariamente polos partidos socialistas moderados ([[menxevique]]s e [[Partido Social-Revolucionario]]), partidarios de manter a coalición cos elementos burgueses e do mantemento do esforzo bélico ata o logro dunha paz negociada.<ref name="rabinowitch29"/><ref name="rabinowitchxiii"/> Os elementos máis radicais, entre eles os [[bolxevique]]s de [[Lenin]], recen regresado a Rusia en abril, eran minoritarios,<ref name="rabinowitch30">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 30</ref> tanto nos soviets como nas simpatías dos soldados, campesiños e traballadores, e contaban entre eles cunha parte moderada ([[Lev Kamenev]]) contraria ao enfrontamento co Goberno e a ruptura cos demais socialistas, máis moderados.<ref name="rabinowitchxiii"/> A situación de debilidade dos radicais fixo que o propio [[Partido bolxevique]] se comprometese en abril só vagamente a emprender unha revolución socialista, sen fixar data nin procedemento para levala a cabo («[[Teses de abril]]»).<ref name="rabinowitchxxv">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXV</ref>
Liña 143:
A deterioración da situación económica ao longo da primavera supuxo, porén, unha desilusión crecente dunha parte importante da poboación co novo Goberno.<ref name="rabinowitchxxv"/> A continuación da guerra,<ref name="wade9"/> o aumento da crise alimentaria e a escaseza de artigos, a inflación crecente e o caos nos abastecemento ás cidades e ao campo, o fracaso do racionamento implantado polo Goberno desluciron as esperanzas orixinais.<ref name="rabinowitchxxv"/> Ao longo da primavera, o interese do Goberno por manter a fronte e as súas declaracións patrióticas fixeron que un número crecente de traballadores e soldados comezase a velo como o representante unicamente das clases adiñeiradas, lonxe do pobo.<ref name="rabinowitchxxvi">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVI</ref> Os soviets gañaron prestixio, considerándose as institucións verdadeiramente democráticas, en contraste co Goberno.<ref name="rabinowitchxxvi"/>
 
A pesar da promesa de reunir a [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] o antes posible, o Goberno realizou os preparativos moi lentamente: a xunta que debía redactar o estatuto regulador das votacións na Asemblea só fundouse formalmente o {{xulgregdata|7|4|1917|curto=true}}, os delegados do soviet á xunta elixíronse a mediados de maio e esta reuniuse por primeira vez o {{xulgregdata|7|6|1917|curto=true}}.<ref name="kochan183"/> O Goberno finalmente propuxo a data de eleccións para o {{xulgregdata|30|9|1917|curto=true}} e a apertura da Asemblea para o {{xulgregdata|13|10|1917|curto=true}}, propostas que [[Kerenskii]] reiterou o {{xulgregdata|21|7|1917|corto=true}}. Porén, o {{xulgregdata|22|8|1917|corto=true}}, o Goberno decidiu atrasar as eleccións ao {{xulgregdata|25|11|1917|corto=true}}<ref name="wade172"/> e a reunión da Asemblea ao {{xulgregdata|11|12|1917|corto=true}}.<ref name="kochan184">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 184</ref> A lentitude nos traballos preparatorios e o pospoñer a reunión da Asemblea Constituínte debeuse en gran parte á actitude dos ''[[kadete]]s''.<ref name="mosse104">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 104</ref><ref name="kochan184"/> A primeira data elixida polo Goberno fixouse pola presión dos bolxeviques nas rúas, ante as continuas discrepancias na xunta electoral e os intentos dos ''kadetes'' de atrasar as eleccións e a apertura da Asemblea.<ref name="kochan188">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 188</ref> Para cando finalmente se levaron a cabo as eleccións á Asemblea, o Goberno Provisionalprovisional xa fora substituído polo soviético, o [[Sovnarkom]].<ref name="wade172"/>
 
Foi a posición gobernamental ante a guerra, publicada por primeira vez o {{xulgregdata|20|3|1917|corto=true}},<ref name="wade9"/> a que provocou a primeira crise de Goberno do período interrevolucionario e a formación do primeiro gabinete de coalición social-liberal.<ref name="wade84">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 84</ref><ref name="wade287"/> Os liberais con Miliukov á cabeza desexaban continuar coa contenda ata a vitoria e non estaban dispostos a abandonar as compensacións acordadas co resto de países Aliados durante o período anterior,<ref name="wade13">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 13</ref> actitude que non compartía a maioría da poboación, farta xa para entón da [[Primeira Guerra Mundial|Gran Guerra]].<ref name="wade11">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 11</ref> O desacordo levou a manifestacións de ambos bandos e a choques violentos con derramamento de sangue. O temor a desencadear unha [[guerra civil]] levou ao Goberno e ao [[Soviet de Petrogrado]] a pactar unha solución que non acabou, porén, coa dualidade no poder.<ref name="wade84"/>
Liña 188:
Un novo Consello de Ministros de coalición —con dous ministros socialistas— acabou formándose o {{xulgregdata|8|10|1917|corto=true}}.<ref name="wade214"/><ref name="basil156"/><ref name="wade121"/> A pesar das votacións contrarias dos socialistas durante a conferencia democrática,<ref name="wade121"/> Tsereteli logrou a aprobación final da nova coalición, incluso despois de non lograr manter a súa promesa aos delegados socialistas de que o novo Goberno respondería ante o [[Preparlamento]] formado pola Conferencia.<ref name="basil156"/> Este último Goberno foi débil,<ref name="wade214"/><ref name="wade121"/> pouco máis que unha camarilla de Kerenskii, carente de verdadeiro apoio de socialistas e liberais,<ref name="wade214"/><ref name="basil156"/> que sumíronse pronto en disputas no Preparlamento.<ref name="basil157">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 157</ref> Os ministros eran figuras de segunda fila da política nacional e, a pesar do reforzamento das correntes esquerdistas no país tralo golpe frustrado, máis conservadores que os sus predecesores.<ref name="anin443"/>
 
== A revolución bolxevique e a fin do Goberno Provisionalprovisional ==
{{Artigo principal|Revolución de Outubro}}
[[Ficheiro:Batallón-muerte-rusia--insiderussianrev00dorrrich.png|O batallón da morte formado por mulleres e último defensor do Goberno provisional, xunto á sufraxista británica [[Emmeline Pankhurst]].|miniatura|200px|dereita]]
Liña 194:
Para o outono, o respaldo aos [[bolxevique]]s, que se presentaban como a oposición por antonomasia tanto ao Goberno como á dirección do [[Soviet de Petrogrado]] ''defensista'', crecera notablemente, superando aos seus rivais socialistas [[menxevique]]s e incluso aos [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]] en moitas localidades.<ref name="wade206">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 206</ref> A incapacidade do Goberno e do Soviet de Petrogrado para acabar coa guerra, co problema da terra, cos nacionalismos ou coa crise económica que se agudizaba, reforzou a posición bolxevique e a da esquerda radical en xeneral.<ref name="wade206"/> Ante o crecente desprestixio da coalición social-liberal entre obreiros e traballadores, os bolxeviques pareceron cada vez máis a alternativa decidida a resolver rápidamente os problemas do país.<ref name="wade206"/> A falta de solucións para os problemas políticos, sociais e económicos levou a un clamor a favor dun cambio radical de Goberno nun ambiente de crise continua e crecente.<ref name="wade216">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 216</ref> A imposibilidade de atallar a crise económica, sen acabar antes coa guerra, fixo que o desexo de paz se convertese en abrumador.<ref name="wade216"/> A ameaza alemá a Petrogrado, que acentuouse no outono, levou tamén ao Goberno a anunciar plas para enviar parte da guarnición da capital á fronte para defender a cidade e para evacuar as principais industrias. Ambas medidas favoreceron aos radicais e partidarios de transferir o poder aos soviets, e tachouse ao Goberno de planear unha contrarrevolución.<ref name="wade216"/> A crise económica, caracterizada por un aumento da inflación —os prezos case se cuadriplicaron entre xullo e outubro— e un alarmante desabastecemento na capital, tamén favoreceron o radicalismo político.<ref name="wade217">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 217</ref> A finais de outubro, Petrogrado contaba con alimento unicamente para uns poucos días e o abastecemento era insuficiente. Os máis pobres volveron enfrontarse á fame.<ref name="wade217"/> A inflación acabou coas melloras salariais dos obreiros industriais, a produción caeu, e para final de ano se estimaba que a metade das fábricas da cidade terían que pechar por falta de combustible e materias primas.<ref name="wade218">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 218</ref> O sentimento de crise nacional viuse reforzado ademais polo grande aumento dos delitos e desordes públicos, moi aireados pola prensa; a percepción popular era a dun Goberno desbordado pola situación, e un corpo policial —a milicia— insuficiente.<ref name="wade220">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 220</ref> Os centos de miles de desertores que vagaban polo país no outono favoreceron os desordes e a impresión de crise social e política.<ref name="wade220"/> O afundimento da bolsa tralo errado [[golpe de Kornilov]] empobreceu a parte das clases medias e desatou o caos financeiro. O Goberno tiña cada vez máis dificultades para recadar impostos.<ref name="wade220"/> A axitación no campo e nas cidades creceu, así como as exixencias dos nacionalistas.<ref name="wade221">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 221</ref> Esta situación de crise fomentou os debates sobre a necesidade de que o Goberno actuase, e da posibilidade de que este fose substituído por outro.<ref name="wade221"/>
 
O Goberno foi derrocado con extrema facilidade polos [[bolxevique]]s, que instauraron o seu propio «Goberno provisional», o [[Sovnarkom]], o {{xulgregdata|7|11|1917|corto=true}} na coñecida como [[Revolución de Outubro]].<ref name="gill241">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 241</ref> A pesar de que o plan bolxevique para tomar o poder era coñecido desde varías semanas atrás, o Goberno, moi debilitado,<ref name="uldricks622"/> foi incapaz de impedilo.<ref name="gill241"/> Contaba para entón con escasas simpatías na capital e no campo, e con aínda máis escasos defensores.<ref name="gill241"/> [[Trotski]], o principal organizador da toma do poder polos bolxeviques, aproveitou o apoio das masas ao [[Soviet de Petrogrado]] para presentala como o traspaso de poder do Goberno Provisionalprovisional aos [[soviet]]s, non aos bolxeviques.<ref name="uldricks621">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 621</ref> Consciente da importancia de ter o respaldo militar, asegurouse de controlar o [[Comité Militar Revolucionario]] da capital ao que, a súa vez, obedecía a guarnición de Petrogrado.<ref name="uldricks621"/> O {{xulgregdata|5|11|1917|corto=true}} a gran maioría das unidades militares da capital expresaron o seu sometemento ao [[Comité Militar Revolucionario]], e os infrutuosos [[Levantamento Kerenskii-Krasnov|intentos de Kerenskii]] por desbaratar o golpe ao día seguinte serviron simplemente para que Trotski presentase o golpe como unha medida defensiva dos soviets, que tivo lugar con escasos enfrontamentos.<ref name="uldricks622">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 622</ref>
 
== Valoración ==
O Goberno Provisionalprovisional nunca contara cun poder completo sobre o aparato do Estado, dependendo do acordo coas forzas políticas e do respaldo popular a través de organizacións como o [[Soviet de Petrogrado]] ante a súa falta de lexitimidade formal.<ref name="gill241"/> A pesar de aprobar unha inxente cantidade de leis<ref name="pethybridge146">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 146</ref> e importantes reformas políticas (amnistía, abolición da discriminación relixiosa ou nacional, extensión dos dereitos civís, abrogación da pena de morte, igualdade de dereitos para as mulleres, separación da Igrexa e do Estado, concesión de autonomía a diversas rexións...) e sociais (aprobación da xornada de oito horas, formación de comités de empresa, instauración dun Ministerio de Traballo, implantación dun monopolio sobre o gran...) o Goberno non puido aplicar moitas delas pola falta de control administrativo do país.<ref name="mosse412">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 412</ref><ref name="pethybridge191">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 191</ref> Os seus intentos de publicitar as reformas aprobadas foron un fracaso.<ref name="pethybridge146"/>
 
Para a súa desgraza, pouco logo da súa formación, o Goberno Provisionalprovisional gañouse a antipatía de grandes sectores da poboación e quedou nunha posición debilitada e vulnerable. Unha das causas principais da impopularidade crecente do Goberno foi a súa política agraria, que se gañou a oposición do campesiñado, o que ademais influíu na hostilidade das tropas da capital, de extracción campesiña. O Goberno non logrou estender o seu control máis aló das cidades de provincias e foi incapaz de convencer ou forzar aos campesiños a entregar as súas colleitas para abastecer as cidades, o que levou á falta de recursos das mesmas e á radicalización dos traballadores.<ref name="gill253">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 253</ref> A antiga administración disolveuse en numerosas ocasións e os delegados gobernamentais, os comisarios, carecían en moitos casos de poder real para aplicar as decisións do Consello de Ministros.<ref name="wade56"/><ref name="pethybridge212">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 212</ref> Este houbo de compartir autoridade cos soviets que xurdiron por todo o país, ademais de con outras organizacións. Malia contar coa responsabilidade de goberno e a autoridade teórica, o poder residía a miúdo non no Consello de Ministros, senón nestas organizacións. As coalicións formais entre socialistas e liberais non puxeron fin a esta situación de tensión polo poder entre Goberno e Soviet de Petrogrado, que se repetiu por todo o país.<ref name="wade57">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 57</ref> Os sucesivos gabinetes, case en continua crise, carecían ademais da lexitimidade de ser elixidos, xa que eran o resultado de acordos entre reducidos grupos de dirixentes políticos da capital.
 
Os sucesivos gabinetes, inexpertos na xestión do Estado, mostráronse incapaces de formular políticas claras<ref name="anin446">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 446</ref> e de aplicalas coa celeridade necesaria pola situación de crise.<ref name="gill253"/> Os cinco gabinetes mostraron ademais unha perpetua división<ref name="anin446"/> entre as tendencias presentes no seu seo: a dereita, que desconfiaba da institución do [[Soviet de Petrogrado]], e a esquerda, temerosas das posibles accións do alto mando militar.<ref name="gill253"/> As tensións internas levaban continuamente a compromisos de mínimos para lograr un acordo interno.<ref name="gill254">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 254</ref> O empeño dos socialistas moderados en manter a coalición cos liberais a pesar das diferenzas levou ademais á parálise do Goberno e ao desprestixio dos socialistas.<ref name="wade36">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 36</ref> Os diversos Gobernos non lograron tampouco acabar coa guerra, un dos principais intereses da poboación, esgotada polo conflito.<ref name="wade37">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 37</ref> O programa liberal, constituído fundamentalmente pola promulgación dunha amnistía e da extensión de dereitos e liberdades civís á poboación, cumpriuse practicamente nos dous primeiros meses do período revolucionario, pero os obxectivos máis desexados polas masas (o fin da guerra, a recuperación económica e o repartimento de terras) non foron alcanzados polo Goberno.<ref name="uldricks614">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 614</ref><ref name="pethybridgeIX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. IX</ref> A maioría da poboación non cifraba as súas esperanzas en cambios políticos, senón noutros, sociais e económicos, que os bolxeviques souberon sintetizar nos seus lemas favorables ao control obreiro das fábricas, o repartimento das leiras dos terratenentes e o fin da guerra mundial.<ref name="pethybridgeX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. X</ref> Os liberais entorpeceron en gran medida a súa consecución ao defender a continuación dos combates ata a vitoria, manter os obxectivos de guerra imperialista do antigo réxime, opoñerse á reforma agraria ou rexeitar control obreiro da industria. Lograron ademais pospoñer a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]]. A insistencia gobernamental en pospoñer calquera medida fundamental —a reforma agraria, a situación das minorías…— ata a reunión da Asemblea Constituínte, e o continuo atraso da súa convocatoria minaron a súa posición.<ref name="wade277">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 277</ref> Estes atrasos permitiron duras críticas da oposición, causaron o temor da poboación a unha contrarrevolución que terminase por impedir a súa reunión, e favoreceron aos partidarios de que os soviets tomasen o poder como salvagarda da Asemblea.
Liña 205:
Os socialistas moderados, convencidos da natureza burguesas da revolución que acabara coa autocracia tsarista, rexeitaron tomar o poder.<ref name="uldricks614"/> Temían ademais que unha radicalización da revolución levase á alianza das forzas liberais e as reaccionarias que conducise á contrarrevolución, como entendían que sucedera na [[Revolución Rusa de 1905|revolución de 1905]].<ref name="uldricks615">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 615</ref> A moderación da súa posición privounos paulatinamente do apoio das masas, cada vez máis radicais<ref name="uldricks615"/> ante a deterioración da situación económica causado pola guerra e a propia revolución.<ref name="uldricks616"/> Opostos unha e outra vez á toma do poder a pesar das crecentes peticións das masas, membros menores da coalición e incapaces de aplicar as reformas exixidas por campesiños, soldados e obreiros, os socialistas moderados acabaron por perder o respaldo inicial e facilitar o auxe dos [[bolxevique]]s, única oposición disposta a defender os obxectivos da poboación.<ref name="uldricks618"/> A esquerda radical viuse favorecida por unha crecente crise económica que xerou descontento e agudizou os problemas políticos e sociais.<ref name="wade186">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 186</ref>
 
== Primeiros ministros do Goberno Provisionalprovisional ==
* [[Georgii Lvov|Príncipe Georgii Ievgenievich Lvov]] (23 de marzo - 21 de xullo)
* [[Aleksandr Kerenskii]] (21 de xullo – 8 de novembro)