Máquina de vapor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
A proposición 11 de ''Pneumatica'' describe un altar oco parcialmente cheo de auga sobre o que hai unha figura por cuxo interior hai un tubo que termina mergullado na auga. Ó acender un lume sobre o altar o aire do seu interior quéntase impulsando a auga polo tubo que termina vertendo a través da figura simulando unha libación que finalmente sufoca o lume. Na proposición 37 vai un pouco máis alá e describe un mecanismo animado polo lume para a apertura e o peche ''automáticos'' das portas dun templo. Noutras proposicións describe mecanismos similares e incluso dos ''motores a reacción'' un por aire quente e outro por vapor de auga para facer xirar as figuras dun altar.
 
Non se sabe acon ciencia certacerteza se aquelas invencións non pasaron de ser meros xoguetes e inda que se supuxo que foron empregadas para mover obxectos nos templos durante os rituais non deixa de sorprender o feito de que dende os tempos de Herón non se encontrasen evidencias de que o vapor se utilizase cun propósito práctico, inda que o coñecemento do poder do vapor non chegase a perderse como demostra a descrición de Malmesbury do órgano de Reims que en [[1120]] se facía soar polo aire que escapaba dun depósito no que era comprimido por ''auga quentada''.
 
En [[1601]], [[Giovanni Battista dola Porta]] describe un aparato para elevar a auga por medio do lume similar ó descrito por Herón pero empregando vapor de auga para impulsar o líquido e en [[1615]] [[Salomón de Caus]] describe un aparato similar para facer funcionar unha fonte.