Boeing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 62:
Boeing foi unha das sete compañías que competiron polo Caza Táctico Avanzado. Boeing acordou facer un equipo con [[General Dynamics]] e [[Lockheed]], polo que as tres fabricantes participarían no proxecto se o deseño dunha delas era escollido. O deseño de Lockheed foi finalmente o gañador e desenvolveuse como o [[Lockheed Martin F-22 Raptor|F-22 Raptor]]<ref>{{cita libro|apelidos=Miller|nome=Jay|título=Lockheed Martin F/A-22 Raptor, Stealth Fighter|ano=2005|editor=Aerofax|isbn=1-85780-158-X}}</ref> .
 
En abril de [[1994]] Boeing presentou o reactor comercial máis moderno ata o momento, o bimotor [[Boeing 777|777]], cunha capacidade de entre 300 e 370 pasaxeiros, situándose entre o [[Boeing 767|767]] e o [[Boeing 747|747]]. Tratábase do bimotor con máior alcance do mundo e foi o primeiro avión de Boeing cun sistema "[[fly-by-wire]]" concibido en parte en resposta aos avances realizados por [[Airbus]] no mercado tradicional de Boeing. Este modelo alcanzou un fito importante ao ser o primeiro avión de pasaxeiros en ser deseñado totalmente con técnicas de deseño asistido por ordenador (CAD).<ref>{{cita libro|apelidos=Norris, Guy e Mark Wagner|título=Boeing 777: The Technological Marvel|ano=2001|editor=Zenith Imprint|localización=Minneapolis, Minnesota|isbn=0-7603-0890-X|editor=Zenith Imprint}}</ref> O 777 tamén foi o primeiro avión en ser certificado para 180 minutos [[ETOPS]] pola [[FAA]] en entrar en servizo.<ref>{{cita libro|apelidos=Pandey|nome=Mohan|título=How Boeing Defied the Airbus Challenge|ano=2010|editor=Createspace|isbn=978-1-4505-0113-2|páxinas=86|editor=Createspace}}</ref> Tamén a mediados dos 90, a compañía desenvolveu a versión renovada do 737, coñecida como o [[Boeing 737 Next Generation|737 "Next-Generation"]], ou 737NG. Converteuse dende entón na versión coas vendas máis rápidas da historia do 737, e o [[20 de abril]] de [[2006]] estas superaron ás do [[Boeing 737 Classic|"Classic 737"]], cun pedido de 79 unidades de [[Southwest Airlines]].
 
En [[1995]] Boeing decidiu demoler o seu complexo de sedes na rúa East Marginal Way South en vez de melloralo, para que así cumprise cos novos estándares para sismos. A sede trasladouse a un edificio adxacente e as instalacións demoléronse en [[1996]].<ref>{{cita web|título=Boeing to Raze Company Headquarters Building; Will Relocate to Adjacent Building|url=https://www.thefreelibrary.com/BOEING+TO+RAZE+COMPANY+HEADQUARTERS+BUILDING%3B+WILL+RELOCATE+TO...-a017125011|dataacceso=3 de febreiro de 2017}}</ref> En [[1997]] Boeing volvería ater a sede en East Marginal Way South, ao lado do aeroporto do condado de King, en [[Seattle]].