Parasito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m outros artigos
Judcosta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Cimex lectularius.jpg|miniatura|dereita|right|[[Cimex lectularius]].]]
[[Ficheiro:Strongyloides stercoraliz larva.jpg|miniatura|dereita|right|[[Larva]] de [[Strongyloides stercoraliz]]]]
Un '''parasito'''<ref>{{DRAG|parasito}}</ref> é aquel [[ser vivo]] que pasa unha parte ou a totalidade da súa vida no interior ou exterior doutro ser vivo de diferente [[especie]], chamado [[hospedador]] ou [[hospedante]] (ás veces, de forma confusa, [[hóspede]]) a expensas do cal se nutre, producíndolle ou non dano e [[lesión]]s.<ref name=ref1>{{cita web|lingua=portugués|url=http://www.todabiologia.com/microbiologia/parasitas.htm|título=Parasitas|páxina-web=Toda Biologia|dataacceso=2 de marzo de 2017}}</ref>
 
== Tipos e características ==
Os parasitos poden ser seres vivos de moitos tipos diferentes, como [[virus]], [[bacteria]]s, [[fungo (bioloxía)|fungos]], [[protozoo]]s, [[helminto]]s, [[artrópodo]]s, [[alga]]s, e [[planta]]s superiores, pero en xeral, o termo resérvase artificialmente para os axentes patóxenos que non son [[virus]], [[bacteria]]s ou [[fungo (bioloxía)|fungos]].<ref>{{cita web|url=http://www.botanical-online.com/animales/parasitos.htm|lingua=castelán|dataacceso=2 de marzo de 2017|título=¿Qué es un parásito}}</ref>
 
A interacción biolóxica entre dúas especies, parasito e hospedador denomínase [[parasitismo]]. O parasitismo é unha relación anisoespecífica (entre distintas especias, xa que logo, o [[feto]] dos [[mamífero]]s) no [[útero]] da súa [[nai]] non pode ser considerado un parasito), na cal o parasito é dependente metabolicamente do seu hospedador.
 
A ciencia que estuda os parasitos é a [[parasitoloxía]]. Dado que a maioría dos [[microorganismo]]s que producen [[infección]]s son estudados pola [[microbioloxía]], a parasitoloxía encárgase de estudar exclusivamente os seres eucariotas, xa sexan unicelulares, pero complexos (protozoos) de parasitos pluricelulares (metazoos) como os [[platelminto]]s, [[nematodo]]s, [[artrópodo]]s etc. En ocasións, é difícil diferenciar o fenómeno do parasitismo do [[comensalismo]], a [[simbiose]], a [[Comensalismo#forese|forese]], ou a depredación, polo que estes límites varían dun autor a outro.<ref name=ref1/>
 
Unha das características comúns do parasitismo é que supón un intercambio de substancias, que provoca no hospedador unha resposta [[inmunoloxía|inmunóloxica]]. Un parasito debe vencer a acción do [[sistema inmune]] do hospedador para ter éxito. As interaccións [[antíxeno]]-[[anticorpo]] son máis complicadas canto maior sexa a complexidade dos antíxenos. As [[célula]]s dos [[eucarionte|eucariotas]] posúen unha gran cantidade de antíxenos comparada coas de [[bacteria]]s ou [[virus]]. Un recurso de [[inmunoevasión]] para o parasito é o de formar antíxenos que se parezan aos do hóspede ([[mimetismo]]). Outro recurso é o de adherir antíxenos do hospedador á superficie exterior do corpo do parasito (enmascaramento antixénico). O resultado é que o hospedador invadido non recoñece ao parasito como invasor ou a resposta que produce non é totalmente efectiva.