Igrexa (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de Titvs (conversa); cambiado á última versión feita por Agremon
Liña 4:
 
== Historia ==
Os primeiros cristiáns reuníanse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co medre do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisa a existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a [[basílica]] romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central máis alta e nalgúns casos co engadido dunha [[ábsida]]. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben [[cruz grega|grega]] ou [[cruz latina|latina]] (que acolle a máis fieis) xa na idade media.
O [[templo]] cristián mantivo o esquema das basílicas e da planta de cruz ata o século XX, na idade media construíronse as [[Catedral|catedrais]], edificios de gran esplendor e maiores dimensións que pasaron por varios estilos arquitectónicos(prerrománico, románico, gótico, plateresco, barroco, neoclásico, neogótico) seguindo o devir da historia. O estilo gótico mantívose mais tempo xa que ao rematar a idade media seguiuse a construír nesta moda ata que o vaticano comezou a [[Contrarreforma]] e inventouse o estilo [[Barroco]]. Deste estilo son a maioría de igrexas en Galicia, e mantívose ata a [[idade contemporánea]], que mudou o estilo recargado barroco polo [[neoclásico]], mais o [[romanticismo]] fixo que se abandoase a finais do XIX polo neogótico e outros pseudoestilos que se mantiveron ata mediados do século XX.
Trala [[segunda guerra mundial]] a pobreza da postguerra fixo que a igrexa católica abrazase o [[Movemento Moderno]] e construíronse igrexas con elementos novos como o formigón e o tixolo. A maioría de igrexas deste estilo son da época do [[franquismo]], concretamente da etapa final do "desarrollismo", cando se construiron os barrios obreiros que se espandiron nos novos polos de desenvolvemento industrial . Entre estas igreaxas destacan a "igrexa dos Picos" en [[Vigo]], a igrexa de San Xosé en [[A Coruña]] e a igrexa de Vistafermosa en [[Ourense]]. Nelas utilizouse o formigón e as técnicas de fachada con plaquetas, así como cubertas de aspecto aerodinámico mentres noutros lugares de Galicia erguéronse igrexas seguindo o modelo tradicional pero de pero calidade nos muros con pedras apenas traballadas ou copiando modelos anteriores igual que a principios do século XX, cando non convertídose en modelos de [[feísmo]].
 
== Arquitectura relixiosa ==