Templo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Nos templos de sociedades antigas o templo non era un lugar de reunión senón a casa de deus, onde moraba a estatua dunha ou varias divindades, e diante do templo levábanse a cabo os sacrificios, festas e procesións. Este modelo mudou coa chegada do Cristianismo en Occidente e o Islam en oriente.
===O templo mesopotámico===
[[Ficheiro:Part of front of Inanna temple of Kara Indasch from Uruk Vorderasiatisches Museum Berlin.jpg|thumb|left|Parte da fachada do templo de [[Inanna]] en [[Uruk]].]]
En [[Mesopotamia]] deuse a primeira civilización humana, os primeiros templos eran sinxelos edificios de tixolos decorados con pinturas e os símbolos da divindade. conforme medraba a complexidade da sociedade sumeria o templo mudou, pasando a ser un edificio rectangular sobre unha plataforma. Debido á sacralidade destes lugares os templos antigos non eran derruídos e cando se reformaron simplemente se construía enriba deles. Así a plataforma do templo de [[Ur]] ten no seu interior ata sete templos de cronoloxías diferentes.
Durante a hexemonía de Ur no século XXI A. de C. surxiu o templo mesopotámico mais famoso, o [[Cigurat]], esta calse de templo naceu no chamado "Renacemento sumerio" e quedou coma modelo de tódolos templos en Oriente medio ata a conquista de [[Alexandre Magno]], no que os reis helenísticos ergueron templos de arquitectura grega.