Templo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Temple of Bel in Palmyra.JPG|miniatura|[[Templo de Bel]], en [[Palmira]]]]
Un '''templo''' é un edificio destinado ao [[culto]] relixioso ou a actividades espirituais, tales como a oración, a realización de sacrificios, ou a celebración doutro tipo de rituais relixiosos. Algunhas tradicións relixiosas manteñen nomes específicos para os seus templos primarios, [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] no caso do cristianismo, [[mesquita]] no [[islam]], [[pagode]] no caso de certas tradicións do [[budismo]], [[sinagoga]] no caso do [[xudaísmo]], [[salón do Reino]] nas [[Testemuñas de Xehová]].
==Templos antigos==
==O templo mesopotámico==
Nos templos de sociedades antigas o templo non era un lugar de reunión senón a casa de deus, onde moraba a estatua dunha ou varias divindades, e diante do templo levábanse a cabo os sacrificios, festas e procesións. Este modelo mudou coa chegada do Cristianismo en Occidente e o Islam en oriente.
===O templo mesopotámico===
En [[Mesopotamia]] deuse a primeira civilización humana, os primeiros templos eran sinxelos edificios de tixolos decorados con pinturas e os símbolos da divindade. conforme medraba a complexidade da sociedade sumeria o templo mudou, pasando a ser un edificio rectangular sobre unha plataforma. Debido á sacralidade destes lugares os templos antigos non eran derruídos e cando se reformaron simplemente se construía enriba deles. Así a plataforma do templo de [[Ur]] ten no seu interior ata sete templos de cronoloxías diferentes.
Durante a hexemonía de Ur no século XXI A. de C. surxiu o templo mesopotámico mais famoso, o [[Cigurat]], esta calse de templo naceu no chamado "Renacemento sumerio" e quedou coma modelo de tódolos templos en Oriente medio ata a conquista de [[Alexandre Magno]], no que os reis helenísticos ergueron templos de arquitectura grega.
O cigurat era unha serie de plataformas de tamaño decrente cun templo na súa cima, onde vivía a divindade co seu séquito e familia. Ata alí só podían chegar os sacerdotes do seu culto e algunha alta autoridade xa que as festas e procesións dábanse no exterior co ídolo da deusa tras baixar a escaleira monumental da fachada do cigurat. A decoraciónn destes templos era exterior, con contrafortes e fornelas con estatuas pintadas con estuco e mosaicos de arxilas de cores.
===O templo exipcio===
Os templos exipcios soen ser rectangulais e divididos interioremente nunha sucesión de salóns que desembocan na cela final onde habita a estatua dunha divindade, espazo á que só poden acceder determinados sacerdotes.
Os templos exipcios foron construídos en pedra e contaban cunha monumentalidade tremenda, cunha avenida de esfinxes e unha fachada enorme con gravuras que daba paso a un patio columnado ata onde só podía chegar o faraón e os cregos, mais adiante só podían pasar aqueles sacerdotes especializados no coidado da estatua máxica do deus. Este esquema apenas mudou durante séculos.
===O templo cretense===
En [[Creta]], durante a civilización Minoica templo e palacio eran o mesmo edificio. O monarca era o sumo sacerdote da relixión e vivía nun amplo edificio organizado en torno a un ou varios patios centrais que organizaban o resto de habitáculos do edificio, decorado con pinturas murais.
===O templo grego===
== Galicia ==