Terra e Tempo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Mudado o enderezo web a .gal
Liña 9:
A aposta por unha ampla fronte nacionalista en Galiza, que se concretizou en setembro de 1982 no [[Bloque Nacionalista Galego]], levou a [[UPG]] a renunciar á actividade pública en beneficio do protagonismo político da nova organización. Neste contexto, ''Terra e Tempo'' espaza a súa periodicidade e retoma o carácter eminentemente teórico. A fins do ano [[1995]] inicia unha nova etapa na que deixa de ser órgano de expresión do Comité Central da [[UPG]] para converterse nunha ''Revista de información, análise e interpretación'', aberta a calquera colaboración realizada desde unha óptica nacionalista e anti-imperialista: ''Botamos en falta máis coñecimento e debate sobre o noso país, máis interpretacións sobre o noso próprio mundo (…) Traballos que alumien aspectos esenciais da nosa existéncia ou simplesmente reflexionen en voz alta sobre o que está a suceder e o que estamos a viver na Galiza e no mundo''
 
Desde xullo de [[2004]] edítase baixo a responsabilidade da [[Fundación Bautista Álvarez de estudos nacionalistas]]<ref>http://www.bautistaalvarez.org/</ref> e desde 2010 ten unha edición dixital<ref>[http://www.terraetempo.com http://www.terraetempo.gal]</ref>.
 
== Notas ==