Abrir o menú principal

Cambios

Ligazóns internas.
Despois de aumentar a tensión e os conflitos en [[Antuerpen]], a Gobernadora pediu a Guillerme de Orange que puxera orde, aceptando este de mala gana, pero pacificando a cidade. Pero o [[Príncipe de Orange]], o [[Conde de Egmont]] e o [[Conde de Horn]] volveron a pedir a [[Margarida de Parma]] máis liberdade. Ela fíxollo saber ao seu irmán, pero Filipe II non cambiaba de opinión, e avisaba das súas intencións ao papa:
{{cita|''[...] podedes asegurar a Súa Santidade que, antes de sufrir a menor cousa en prexuízo da relixión ou do servizo de Deus, perdería todos os meus Estados e cen vidas que tuvira, pois non penso, nin quero, ser señor de herexes [...]''}}
Antes de que chegaran estas noticias, o [[14 de agosto]] un grupo de incontrolados calvinistas asaltou a principal igrexa de Saint-Omer. Seguiulle unha rebelión xeralizadaxeneralizada en [[Ieper|Yprès]], [[Courtrai]], [[Valenciennes]], [[Tournai]] e Antuerpen.
 
Filipe II recibiu a Montigny e prometeulle convocar o Consello de Estado. O [[29 de outubro]] de [[1566]], o rei convocou aos conselleiros máis achegados: Éboli, Alba, Feria, o Cardeal Espinosa, Xoán Manrique e o conde de Chinchón, xunto cos Secretarios de Estado Antonio Pérez e Gabriel Zayas. O acordo foi proceder de maneira urxente e, pese ás diferenzas na forma, o monarca optou pola forza. Así acordou mandar ao terceiro Duque de Alba a sufocar as rebelións. Este feito propiciou un enfrontamento entre o príncipe Carlos ([[príncipe de Asturias]]) e o [[duque de Alba]], xa que o herdeiro víase desprazado dos seus asuntos.
15.760

edicións