Diferenzas entre revisións de «Richard Dedekind»

→‎Traxectoria: Maiúscula
(→‎Traxectoria: Punto de vista neutral e arranxos varios)
(→‎Traxectoria: Maiúscula)
 
== Traxectoria ==
Richard Dedekind foi o máis novo dos catro fillos de Julius Levin Ulrich Dedekind. Viviu con Julia, a súa irmá solteira, ata que faleceu en [[1914]]; el mesmo tamén quedou solteiro. En [[1848]] entrou no ''Colegium Carolinum'' da súa cidade natal, e en [[1850]], con sólidos coñecementos de [[matemáticas]] na [[universidadeUniversidade de Gotinga]].
 
Dedekind aprendeu matemáticas nos departamentos de matemáticas e física daquela universidade, sendo un dos seus principais profesores [[Moritz Abraham Stern]], e tamén [[física]] da man de [[Wilhelm Eduard Weber]]. A súa tese doutoral, supervisada por [[Gauss]], titulábase ''Über die Theorie der Eulerschen Integrale'' ("Sobre a teoría das integrais eulerianas"), e aínda que nela non se reflectía o talento que mostrou nos seus traballos posteriores, Gauss soubo apreciar o don de Dedekind para as matemáticas. Dedekind recibiu o seu doutoramento en [[1852]], sendo o último alumno de Gauss, e traballou a continuación nunha tese de habilitación, que era necesaria en Alemaña para obter a "venia docendi" (habilitación de ensino docente en universidades alemás).
9.277

edicións