Calzado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
[[Pitágoras]] obrigou ós seus discípulos a usar un calzado igual ó dos exipcios e ó cal debía o nome de ''baxea.'' Nos baixos relevos de [[Persépole]] vense persas representados cunha especie de sandalias e noutros monumentos gregos, os bárbaros están cun calzado que os romanos chamaban ''aluta luxior.'' Nos tempos heroicos, os gregos só levaban calzado cando saían ó campo: o dos homes era unha especie de botíns de coiro e o das mulleres consistía nunhas sandalias que adoitaban adornar con [[marfil]], [[prata]], [[ouro]] e pedras preciosas en tempos máis adiantados que os heroicos.
 
[[Licurgo]] só permitía usar calzado na guerra, na caza e cando se viaxaba de noite. Os [[Esparta|espartanos]] usaban un zapato chan que envolvía todo o pé formado de coiro colorado. O das doncelas era moi alto, e o das matronas dunha altura media. Os [[Atenas|atenienses]] chegaron a coñecer diferentes especies de calzado a modo de botas e zapatos de coiro negro.
[[Ficheiro:Sabate.jpg|esquerda|miniatura|200x200px|Calzado.]]
Os romanos non levaban calzado ó principio pero logo introduciuse coa moda e en [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] lemos que no seu tempo usaron os mozos disolutos un calzado chamado ''sicyonium.'' Coñecéronse diferentes especies de calzado a saber: o ''calceus'', o ''muleus'', o ''phaecasium'', para calzado enteiro feito dun coiro chamado ''aluta''; a ''soleá'', a ''caliga'', a ''crépida'', a ''baxea'', o ''sandalium'', o ''[[coturno]]'' eran solas sinxelas atadas sobre o pé con cintas ou correas. Eran de diferentes cores aínda que xeralmente negras. Os emperadores e triunfadores usábanos colorado. Nas súas casas, usaban os romanos a ''solea'' que servía de chinela. O calzado das mulleres adoitaba ser branco. Os senadores usaban unhas medias botas negras levando sobre o nocello unha especie de hebilla, chamada ''lúa'' ou ''tintilla'' a cal tiña a forma dunha C para indicar que nun principio os senadores patricios non eran máis que cento. Os antigos adoitaban deixar o calzado para comer a fin de non ensuciar os coxíns sobre que se recostaban e os escravos encargados de descalzar e calzar ós señores denomínanse ''sandaligeruli''.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Vestimenta]]