Mesoamérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 17:
 
Os límites son flexibles, o que significa que depende sobre o aumento ou diminución de recursos por tempadas. Mesoamérica ten unha superficie de 1&nbsp;000&nbsp;218&nbsp;[[Quilómetro cadrado|km²]]. Este conxunto de trazos culturais incluía o [[Sedentarismo (prehistoria)|sedentarismo]], o uso do [[coa|bastón plantador/cortador]], o cultivo do [[millo]] (a [[milpa]]) e a súa [[nixtamalización]], a práctica do [[xogo de pelota mesoamericano|xogo de pelota]], o sistema de numeración con base vigesimal, o uso do [[Tzolk'in|calendario ritual de 260 días]], a práctica de varios tipos de [[sacrificios humanos na América precolombina|sacrificios humanos]] e o [[Sistemas de escritura de Mesoamérica|sistema de escritura pictográfico]]. En posteriores traballos, Kirchhoff mostrouse «decepcionado» do recibimento pouco crítico que tivo o termo Mesoamérica nos círculos arqueolóxicos e lamentaba que non tivera lugar un proveitoso debate sobre a pertinencia do concepto.<ref>Boehm de Lameiras, 1986: 13.</ref>
 
A pesar deste recibimento da súa proposta, os avances da [[arqueoloxía]] dos pobos mesoamericanos puxeron en relevo algunhas debilidades da definición de Mesoamérica presentada orixinalmente por Kirchhoff. Un dos primeiros señalamentos é a súa énfase historicista e culturalista, que pretende definir a civilización mesoamericana como un conxunto de elementos desarticulados que tenden á identificación da [[cultura]] co [[grupo étnico]] e a [[comunidade lingüística]].<ref>Boehm de Lameiras, 1986: 15.</ref> Nas décadas seguintes desenvolvéronse novos enfoques para abordar a civilización dos pobos precolombinos da ''América media''. Entre outras cousas, isto inclúe a revisión da [[cronoloxías de Mesoamérica|cronoloxía indíxena]].<ref>Nese sentido, pódense sinalar as propostas de [[Enrique Nalda]], moi acordes co esquema marxista e orientadas á organización económica e política dos mesoamericanos. Nalda (1981) dividiu a historia mesoamericana en dous grandes períodos: a comunidade primitiva e a transformación a formacións estatais. Piña Chan (1976) tamén salientou as características da base económica das sociedades mesoamericanas e levou o inicio da historia de Mesoamérica ata a aparición do ser humano nas terras de México. Duverger (2007) propón un enfoque controvertido e minoritario no que o nivel de avance da «nahuatlización» de Mesoamérica define cinco grandes períodos no desenvolvemento desta civilización.</ref>
 
== Notas ==