Movemento social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Un '''movemento social''' é a agrupación informal de individuos ou organizacións dedicadas a cuestións político-sociais que ten como finalidade o [[cambio social]]. Os movementos sociais como estruturas de cambio social teñen a súa orixe nas crises das organizacións de esquerda [[socialdemócrata]] e do socialismo real, principalmente partidos políticos e sindicatos. Xorden como modos de organización de colectivos, fundamentalmente marxinais, que loitan dentro dun campo político máis ou menos concreto. Algúns exemplos destes movementos son o [[feminismo|movemento feminista]], o [[ecoloxismo|movemento ecoloxista]], o [[movemento obreiro]], o [[pacifismo|movemento pacifista]] ou [[antimilitarismo|antimilitarista]], ou, máis recente no seu nacemento, o [[movemento okupa]] e o [[anticapitalismo|movemento antiglobalización]].
 
A maior parte dos autores coinciden en sinalar que o termo apareceu en [[Alemaña]] na década de 1970 coa formación dos grupos de acción cívica (''Bürgerinitiativen''). Os movementos sociais rara vez conflúen nun [[partido político]]; ao súaseu labor baséase en premer ó poder político mediante reivindicacións concretas ou en crear alternativas. Estas alternativas ou reivindicacións convértense na súa principal identidade, sen ter que chegar a plasmar un ideario completo.
 
Son o equivalente a [[acción afirmativa]] ou grupo de presión. Teñen un carácter de permanencia no tempo e cun número de persoas representativo, con relación ós que sofren ou ignoran o problema. O seu recordo histórico é moi antigo, por exemplo, os [[Guerra das Comunidades de Castela|Comuneiros de Castela]]. Son algunhas veces o nacemento dunha idea con líderes carismáticos memorables, e a súa xénese pode derivar cara un movemento ou iniciar unha [[rebelión|revolta]] ou, máis contundentemente, unha [[revolución]], como a [[Revolución Mexicana]], e así mesmo eventual plataforma para un partido cara o poder, opción que parece un rodeo innecesario.