Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/Esvaecer
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 93:
Para chegar ó tapiz había de se elaborar un modelo previo en cartón, que servía de base nun tear e que reproducía un lenzo dalgún dos pintores secundarios que elaboraban bosquexos e logo cadros para tal fin. Entre estes figuraban [[José Juan Camarón Meliá|José Camarón]], [[Antonio González Velázquez]], [[José del Castillo]] ou [[Ramón Bayeu]]; todos eles so a dirección de [[Francisco Bayeu]] e [[Mariano Salvador Maella]], e en última instancia, por [[Antón Raphael Mengs]]. Este foi ademais o reitor do gusto [[neoclásico]] en España, aínda que só puido ocuparse persoalmente, no período no que traballou Goya, na dirección da [[Real Fábrica de Tapices]] entre 1775 e 1776, data na que parte cara a Roma.
 
Goya comeza ao súaseu labor, menor coma pintor, pero importante para introducirse nos círculos aristocráticos, coa dificultade engadida de conxugar o [[Rococó]] de [[Giambattista Tiepolo|Tiépolo]] e o [[Neoclasicismo]] de Mengs para atinxir o estilo apropiado para uns cadros destinados á decoración das estancias reais, onde primaba o bo gusto e a observación dos costumes españois; todo isto, ademais, dotando á escena de encanto non exento de variedade na unidade. Non é aínda realismo pleno -se ben algúns dos seus óleos para cartóns denotan verismo, como ''[[La nevada]]'' (1786) ou ''[[El albañil herido]]'' (1787)—, pero si foi necesario afastarse tanto do barroco tardío da pintura relixiosa de provincias como do ilusionista Rococó, inadecuado para obter unha impresión de factura «do natural» (como pedía sempre o pintoresquismo). Tamén era necesario distanciarse da excesiva rixidez academicista do Neoclasicismo, que non favorecía a narración e a vivacidade na anécdota requirida nestas imaxes de costumes, protagonizadas por tipos populares ou aristócratas disfrazados de ''majos'' e ''majas'', como se pode apreciar en ''[[A galiña cega (Goya)|A galiña cega]]'' (1789). O pintoresco precisa que o espectador sinta que o ambiente, os tipos, as paisaxes e escenas son contemporáneos, cotiáns, como os que pode contemplar el mesmo; mais á vez, a vista debe ser entretida e espertar a curiosidade, pois do contrario carecería de interese. Por outra banda, o realismo capta o motivo individualizándoo; os personaxes da pintura de costumes son, en troques, tipos representativos dun colectivo.
 
A actividade de Goya para a Real Fábrica de Tapices prolongouse durante doce anos, de 1775 a 1780 nun primeiro quinquenio de traballo e de 17886 ata 1792 (outros sete anos), ano no que unha grave enfermidade, que lle provocou a súa xordeira, afastouno definitivamente desta labor. En total realizou catro series de cartóns distribuídos do seguinte modo: