Rapa das bestas de Sabucedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
En [[2010]] había máis de 600 cabalos -chamadas [[besta]]s as femias e [[garañón]]s os machos-, divididos en 14 [[manda]]s, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de [[bosque|monte]]. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os [[cabalo]]s do monte, metelos ao [[curro]], [[rapa das bestas|rapalos]] e marcalos na actualidade con microchips.
 
O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar ao súaseu labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país.
 
O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.