Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Tamén arruinada aquela muralla co tempo, foi o califa Al-Mustazhir ([[1094]]-[[1118]]) quen erixiu, así mesmo no leste máis ao sur, unha nova muralla rectangular que asemade contiña unha cidadela con [[palacio]]s, edificios de [[goberno]], [[Relixión|relixiosos]], de ensinanza, biblioteca e [[parque]]s. Todo ese conxunto vai ser o núcleo da Bagdad moderna.
 
A invasión [[pobo mongol|mongol]] do ano [[1258]] levaría á cidade á case total destrución co masacre da maioría da poboación, inutilizando para sempre o sistema de canais e diques de irrigación. Significou o fin do califato abásida e o da súa capital coma metrópole medieval.<ref>[http://www.muslimheritage.com/uploads/Matrakci_plan_of_Baghdad.jpg www.muslimheritage.com]</ref> Cando comezaba unha certa recuperación, [[Tamerlán|Timur]] saqueouna novamente en [[1401]]. Durante os seguintes cinco séculos Bagdad sería só a capital provincial de diferentes poderes rexionais, e do [[Imperio Otomán]] a partir de [[1534]] <ref>[http://www.hebrewhistory.info/images/factpaper/31c.gif www.hebrewhistory.info]</ref>.
 
=== Época contemporánea ===
188.551

edicións