Abkhazia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
actualizo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 109:
O seu sucesor, David IV, logrou manexar as invasións dos árabes. Durante a [[Primeira Cruzada]] e usando a Abkhazia como o seu centro de operacións, David o Restaurador logrou recuperar parte de Xeorxia, ata que finalmente derrotou aos selyúcidas na batalla de Didgori, o 12 de agosto de 1121. Durante o seu reinado, David IV logrou establecer a Xeorxia como unha potencia rexional e iniciou a Idade Dourada do reino. Este período de esplendor tivo o seu clímax durante o goberno da raíña Tamar. Entre os anos 1194 e 1204, Xeorxia expandiuse cara ao sur, conquistando terras de Armenia e do actual [[Irán]], como a cidade de Tabriz, e fundou o [[Imperio de Trebizonda]].
 
A literatura e a arte desenvolvéronse plenamente durante estes anos e Abkhazia converteuse nunha próspera provincia do gran Reino de Xeorxia. Con todo, a Idade Dourada acabou coas invasións [[pobo mongol|mongois]]as do [[século XIII]].
 
Baixo o dominio mongol, Xeorxia caeu en crise, e o seu reino fracturouse en diversos estados. En [[1260]], baixo o reinado de David VI Narin, foi fundado o [[Reino de Imereti]], que aínda permanecía como parte de Xeorxia. Imereti concentraba a zona poñente de Xeorxia, abarcando Abkhazia, [[Mingrelia]] e [[Guria]]. En 1455 declarouse oficialmente a súa independencia, ao dividirse Xeorxia en tres estados, sendo os restantes: [[Kartli]] e [[Kakheti]]. Desde esa data, Abkhazia foi campo de batalla das loitas entre os xeorxianos, Persia, Rusia e o [[Imperio Otomán]]. Entre 1478 e 1483, instaurouse unha dominación de Kakheti sobre Abkhazia, pero pronto sería expulsada.