Afganistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
himno
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
Ao longo dos séculos IX e X a zona occidental do país, integrante da rexión histórica de Ghorasán, formou parte dunha Persia cada vez máis independente dos califas de Bagdad, baixo as dinastías Tahirí, Saffarí e Samaní. É a época do esplendor Islámico na economía e na cultura, que en toda a Persia Histórica, dende Bagdad ata Samarcanda, dará lugar a numerosas capitais prósperas e moi poboadas polas que transcorría a [[Ruta da Seda]], así coma a numerosas figuras coma [[Avicena]] e [[Algazel]] en filosofía, [[Al-Razi]] e [[Al-Nafís]] en medicina, [[Al-Khwarizmi]] e [[Al-Biruní]] en matemáticas, [[Omar Khayyam]] e [[Firdusi]] en literatura, Al-Jazari en enxeñería etc., aínda que case todos eles dedicábanse a múltiples disciplinas, cunha erudición extraordinaria. No ano [[977]] [[Sebük Tegin]], un vasalo dos Samanís, estableceuse como gobernador na rexión, dando orixe á dinastía Gaznauí, e o seu sucesor Mamud independizouse e estableceu un grande imperio con base en [[Gazna]], estendéndose por Ghorasán, Afganistán e o noroeste da India, realizando máis de 50 expedicións de conquista e saqueo sobre esta última, e dando orixe a un período de gran esplendor económico e cultural na capital Gazna. Posteriormente, coa chegada dos turcos [[selxúcidas]], prodúcese a perda do Ghorasán. No século XII a dinastía dos Gaznauís é substituída pola dos Gurís e a principios do século XIII pola dos Xás de Coresmia.
 
A partir do ano 1220 comeza a etapa das invasións mongois, que arrasan numerosas cidades esnaquizando poboación e a economía da rexión, tralo que se produce unha crecente nomadización da Persia histórica, incluíndo Afganistán. Coma consecuencia de ditas invasións, establécese nestas terras o dominio dos [[pobo mongol|mongois]] de [[Chagatai]]. A finais do século XIV [[Tamerlán]] conquista o país, exercendo un dominio que se vai prolongar precariamente ata mediados do século seguinte, con continuas loitas entre os seus sucesores.
 
O establecemento do actual estado do Afganistán prodúcese en [[1747]].