Igrexa ortodoxa siríaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Norrin strange moveu a páxina "Igrexa Ortodoxa Siríaca" a "Igrexa ortodoxa siríaca": criterio RAG
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
== Persecucións e xenocidios ==
 
Co primeiro [[Islam]], o cristianismo siríaco coñeceu unha época de paz e esplendor, pero, co tempo, foi recibindo duros golpes dos [[turcos selxúcidas]], das [[Cruzadas]], dos [[pobo mongol|mongois]], dos [[mamelucos]] e dos [[otománs]]. Ata a [[idade contemporánea]], o máis terrible foi o sanguinario dominio de [[Tamerlán]], ao redor de 1400. A florecente Igrexa siríaca xamais volverá a coñecer momentos de gloria.
 
A comezos do século XX, os crentes siríacos estaban confinados en aldeas rurais e en afastadas zonas montañosas, onde gardaban celosamente as súas tradicións, costumes e lingua. Foi sobre estes nos que recaeu o [[xenocidio]], responsabilidade dos patriotas otománs. O ano 1915, coñecese como ''sayfo'' ([[espada]]) debido as atrocidades cometidas por turcos e kurdos contra as vilas e aldeas cristiás. Nas cidades, onde aínda existían cristiáns siríacos, a sorte non foi máis favorable: na catedral de Edessa, 3.000 foron queimados vivos.