Semur-en-Auxois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
retiro etiqueta en uso
Liña 1:
 
{{enuso}}
[[Image:Pont_Pinard_%28Semur-en-Auxois%29_15-08-2006.JPG|thumb|right|300px|O Armançon ao seu paso por Semur-en-Auxois]]
'''Semur-en-Auxois''' é unha pequena vila [[Francia|francesa]], situada no [[Departamentos de Francia|departamento]] da [[Côte-d'Or]] na [[Rexións de Francia|rexión]] da [[Borgoña]].
 
'''Semur-en-Auxois''' é unha pequena vila [[Francia|francesa]], situada no [[Departamentos de Francia|departamento]] da [[Côte-d'Or]] na [[Rexións de Francia|rexión]] da [[Borgoña]].
 
==Xeografía==
Semur-en-Auxois atópase situado no oeste do departamento da [[Côte-d'Or]], nunha revolta do [[río Armançon]], nuns terreos rochosos onde domina o [[granito rosa]]. Cunha pequena extensión de só 19,14 km², Semur-en-Auxois ten 4.453 habitantes (conforme o censo de [[1999]]).
 
==Historia==
Lugar habitado dende hai moitos séculos, a lenda conta que foi o propio [[Hércules]] quen fundou Semur-en-Auxois ao seu regreso da [[Hispania]]. Pero ata o ano [[606]] non se atopan testemuños escritos da existencia da vila, cando o documento de fundación da abadía de [[Flavigny-sur-Ozerain]] recolle unha referencia á vila ''sene muro'' ([[lingua latina|lt.]] "vellas murallas"). En [[1276]] a vila recibe un [[foro]] de liberdade outorgado por [[Roberto II de Borgoña|Roberto II]], duque de Borgoña, e a mediados do século XIV, durante a [[Guerra dos Cen Anos]], a cidade expándese coa construción dunha nova e reforzada muralla.
 
[[Image:Blason Semur-en-Auxois.svg|120px|left|Escudo da vila]]
Pero a súa fidelidade ao duque de Borgoña fronte aos reis de Francia vaille custar á vila unha invasión en [[1478]], cando as tropas de [[Luís XI]] a atacan. O seu segundo ataque de importancia tivo lugar durante as guerras de relixión, cando o mariscal de Tavannes, a toma en [[1589]]. En [[1602]] o rei [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]] obriga a destrución das murallas da cidade, e noméaa capital do bailío de Auxois, con algunhas prerrogativas económicas e administrativas.
 
==Turismo e cultura==
Fermosa e pequena vila de ribeira, conta con algúns edificios de importancia histórica, moitos deles (como as catro torres, diversas portas ou o paseo das murallas) relacionados coas antigas [[muralla]]s e cos restos que delas quedan aínda. Ademais, a colexiata da Nosa Señora, construída en [[1225]] pero refeita en diversas ocasións, é o edificio relixioso máis interesante, cunha [[fachada]] do [[século XVI]] e con detalles moi característiscos do [[gótico]] flamíxero borgoñés.
 
==Véxase tamén==