Diferenzas entre revisións de «Animismo»

m (Arranxos varios using AWB)
Coñécense dous [[teoría]]s que supoñen que o animismo foi a orixe das relixións actuais. A primeira, chamada teoría ''das pantasmas'', relaciona os comezos da relixións humanas co culto aos mortos. Asociase principalmente co nome de [[Herbert Spencer]], aínda que tamén foi mantida por [[Grant Allen]].
 
A outra teoría, presentada por [[Edward Burnett Tylor]], sostén que a base de toda relixión é animista, pero recoñece o carácter non humano dos deuses do [[politeísmo]]. Aínda que a [[culto ós devanceiros|adoración aos antepasados]] ou, máis amplamente falando, o [[culto aos mortos]], nalgúns casos se superpuxo a outros cultos ou ata os fixo desaparecer, non se pode asegurar a súa importancia, senón máis ben o contrario (outros cultos terminaron superpoñendose ao culto aos antepasados). Na maioría dos casos, o panteón de deuses está formado por unha multitude de espíritos con forma ás veces humana, ás veces animal, que non teñen signos de haberse encarnado algunha vez. Os [[deus Sol|deuses do Sol]] e [[:Categoría:Deuses lunares|da Lúa]], os [[:Categoría:Deuses do lume|deuses do lume]], do vento e [[:Categoría:Deuses da auga|do auga]], os deuses oceánicos, e por encima de todos os deuses do ceo, non mostran signos de ser pantasmas en ningún período da súa historia. É verdade que algúns se poden asociar con deuses pantasmas. Por exemplo, algúns indíxenas de Australia non din en ningún momento que os deuses son espíritos, e moito menos espíritos de mortos; os seus deuses son simplemente meigos magnificados, super-homes que nunca morreron. Pódese dicir en xeral que en Australia nunca existiu a adoración aos antepasados nin o culto aos mortos.
 
== Véxase tamén ==
310.169

edicións