Rálidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
=== Especies voadoras e non voadoras ===
 
As ás de todos os rálidos son curtas e arredondadas. O voo dos rálidos con capacidade de voar non é moi potente, pero pode sustentalas durante longos períodos de tempo, e moitas especies migran anualmente. Porén, estánesta debilidade do seu voo significa que son doadamente levadas polo vento fóra da súa ruta e é común atopar aves errantes, unha cracterística que fixo que colonizasen moitas illas oceánicas afastadas. Ademais, estas aves adoitan preferir correr qantes que voar, especialmente en hábitats densos. Algunhas son tamén aves non voadoras durante certos períodos da súa [[muda (bioloxía)|muda]].<ref name=h&r2003-209>Horsfall & Robinson (2003): p. 209</ref>
 
O imposibilidade de voar nosde moitos rálidos é un dos mellores exemplos de [[evolución paralela]] no reino animal. Das ~150 especies de rálidos historicamente coñecidas, en 31 especies existentes ou extinguidas recentemente evolucionou a perda da capacidade de voar a partir de antepasados voadores.<ref>Kirchman (2012)</ref> Este proceso creou as poboacións de rálidos endémicas de illas do Pacífico que non poden voar.
 
Moitos rálidos que viven en illas non poden voar porque nos hábitats das pequenas illas sen mamíferos depredadores non hai necesidade de voar para escapar ou moverse a longas distancias. O [[voo das aves|voo]] crea intensas demandas, como, por exemplo, que a [[quilla (aves)|quilla]] e os músculos do voo constitúen un cuarto do pesototalpeso total da ave nas especies de rálidos voadores. A redución dos músculos de voo, coa correspondente diminución das demandas [[metabolismo|metabólicas]], reduce os gastos de enerxía dos rálidos non voadores.<ref>McNab & Ellis (2006)</ref> Por iso, a incapacidade de voar fai máis doada a supervivencia e a colonización de illas nas que os recursos son limitados.<ref name="McNab 1994">McNab (1994)</ref> Isto permite tamén a [[evolución]] de rálidos non voadores de diversos tamaños na mesma illa, xa que as especies diversifican os seus [[nicho ecolóxico|nichos]].<ref>Trewick (1997)</ref>
 
Ademais do aforro de enerxía, certas características morfolóxicas afectan tamén á evolución dos rálidos. Teñen ás relativamente acurtadas, o cal, en combinación cos seus hábitos terrestres e comportamento pouco voador, acelera a evolución da perda da capacidade de voar, que pode ser moi rápida;<ref>Livezey 2003</ref> por exemplo, a ''[[Porzana palmeri]]'' tardou só uns 125.000 anos en perder a capacidade de voar e reducir as súas ás, hoxe curtas e grosas, que só usa para equilibrarse candocorrecando corre rápido.<ref>Slikas ''et al.'' (2002)</ref> Argumentouse que sería posible medir a evolución da perda do voo nos rálidos sería posible medila en xeracións máis que en milenios.<ref name="McNab 1994"/>
 
Outro factor que contribúe á aparición de especies non voadoras é un clima que non faga necesaria unha migración estacional a longa distancia; istoevidénciaseisto evidénciase pola tendencia a que evolucione a perda do voo con moita maior frecuencia nas illas tropicais que nas illas temperadas ou polares.<ref name="McNab 2002">McNab 2002</ref>
 
É paradoxal que se os rálidos son remisos a voar, a evolución da perda do voo necesitase primeiro que se producise unha gran dispersión ata chegaren a illas afastadas.<ref name="McNab and Ellis 2006">McNab and Ellis 2006</ref> Non obstante, tres especies de rásidos de pouco peso, que son: ''[[Gallirallus philippensis]]'', ''[[Porphyrio porphyrio]]'' e ''[[Porzana tabuensis]]'', teñen unha persistente alta capacidade de dispersión a longas distancias entre illas do Pacífico,<ref name="McNab and Ellis 2006"/> aínda que só as dúas últimas deron lugar a especies endémicas non voadoras en illas do Pacífico.<ref name="Kirchman 2012">Kirchman 2012</ref> Examinando a [[filoxenia]] de ''G. philippensis'' parece claro que, aínda que a especie é [[polifilético|polifilética]], non é o devanceiro da maioría dos seus supostos descendentes non voadores, o que indica que a condición non voadora evolucionou nos rálidos antes de que a especiación fose completa.<ref name="Kirchman 2012"/>