Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 64:
O nome sueco ''Sverige'' significa literalmente 'Reino do pobo sueco', excluíndo aos [[Gautas]] de [[Götaland]]. A etimoloxía dos Suecos, e por tanto de Suecia, considerase habitualmente que deriva do [[Lingua protoxermánica|protoxermánico]] Swihoniz, que significa 'propio de un', referíndose á propiedade dunha tribo xermánica.
 
A maioría das linguas utilizan nomes semellantes, ''Sweden'' en inglés ou ''Svezia'' en italiano. En [[lingua danesa|danés]] e [[lingua norueguesa|noruegués]] utilizan ''Sverige'' como en sueco. Porén, destacan as excepcións das [[linguas ugrofinesas]], que utilizan ''Ruotsi'', en [[lingua finesa|finés]] e ''Rootsi'', en [[lingua estoniana|estoniano]], nomes que xeralmente se consideran etimoloxicamente relacionados coa mesma raíz que a palabra [[Rusia]], que se refire ao pobo [[pobo rus']], orixinario das zonas costeiras de [[Condado de Uppsala|Uppsala]].
 
== Historia ==
Liña 80:
{{VT|Viquingos|Unión de Kalmar}}
[[Ficheiro:Visby stadtmauer.jpg|miniatura|esquerda|Cidade medieval de Visby, en [[Gotland]], declarada [[Patrimonio da Humanidade]] en [[1995]].]]
A [[viquingos|época viquinga]] sueca abrangue os [[século VIII|séculos VIII]] e [[século XI|XI]]. Durante este período, crese que os suecos se expandiron cara ao leste de Suecia, mesturáronse cos [[gautas]] do sur.<ref>[http://www.bartleby.com/65/sw/Sweden.html Sweden, The Columbia Encyclopedia]</ref> Os viquingos suecos e os viquingos [[Gotland|guter]] viaxaban principalmente cara ao leste e cara ao sur, indo a [[Finlandia]], os [[países Bálticos]], [[Rusia]], o [[Mediterráneo]] e a cidades tan afastadas como [[Bagdad]]. As súas rutas atravesaban os ríos de Rusia até chegar á capital do [[Imperio Bizantino]], [[Constantinopla]] (actualmente [[Estambul]], [[Turquía]]), de onde partían por distintas direccións. O emperador bizantino [[Teófilo, emperador de Bizancio|Teófilo]] notou as súas destrezas para a guerra, e convidounos a servirlle como os seus gardacostas persoais, coñecidos como a [[Garda varega]]. Tamén se cre que os viquingos suecos, chamados "[[RusPobo (pobo)rus'|Rusrus]]", son os pais fundadores de [[Rusia]]. As aventuras destes viquingos suecos son conmemoradas en moitas pedras rúnicas en Suecia, tales como as pedras rúnicas [[Grecia|gregas]] e [[varegos|varegas]]. Houbo tamén considerables participacións viquingas en expedicións ao oeste, que son conmemoradas nas pedras rúnicas inglesas. A última gran expedición viquinga foi a errada viaxe que dirixiu Ingvar o Viaxeiro, á rexión do sueste do [[Mar Caspio]]. Os seus expedicionarios son conmemorados nas pedras rúnicas de Ingvar, ningunha das cales menciona a algún sobrevivinte. O que lle sucedeu á expedición descoñécese, pero crese que foron vítimas dalgunha epidemia.
 
Non se sabe cando nin como se creou o reino de Suecia, pero a lista de monarcas suecos só nomea a aqueles que reinaron [[Svealand]] (Suecia) e [[Götaland]] (Gothia) ao mesmo tempo, sendo o primeiro [[Erik VI de Suecia|Erik o Vitorioso]]. Previamente, Suecia e Gothia permaneceran como nacións separadas. Con todo, non se sabe dende cando existían aqueles reinos, mais "[[Beowulf (poema)|Beowful]]" descríbeos nas semi-lendarias guerras entre suecos e [[gautas]] do [[século VI]].
 
Durante os primeiros anos da era viquinga en Escandinavia, Ystad en [[Escania]] e Paviken en [[Gotland]], foron grandes centros do comercio daquela época. Existen ruínas do que se pensa era un gran mercado en Ystad, que data de entre os anos [[600]] e [[700]]. En Paviken, un importante centro de comercio da rexión Báltica durante os [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]], atopáronse restos dun gran peirao da era viquinga con talleres de construción de barcos e industrias artesanais. Entre os anos [[800]] e [[1000]], o comercio levou unha abundancia de prata a Gotland e de acordo a varios especialistas, os guter daquela época tiñan máis prata que todo o resto da poboación de [[Escandinavia]] xunta. San Óscar introduciu o [[cristianismo]] no ano [[829]], mais a nova relixión non comezou a substituír as crenzas tradicionais senón até o [[século XII]]. Durante o [[século XI]], o cristianismo converteuse na relixión predominante, e cara o ano [[1050]] Suecia era contada como unha nación cristiá. O período entre [[1100]] e [[1400]] estivo caracterizado por loitas internas polo poder e a competencia entre os reinos nórdicos. Os reis suecos tamén comezaron a expandir o seu territorio cara [[Finlandia]], creando conflitos cos [[Rus (pobo) rus'|rus]], que xa non tiñan ningunha conexión con Suecia para ese momento.
 
No [[século XIV]], Suecia foi afectada pola [[peste negra]] ([[peste bubónica]]). Durante este período as cidades suecas tamén comezaron a adquirir mellores dereitos e foron fortemente influenciadas polos mercadores alemáns da [[Liga Hanseática]], activos especialmente en Visby. En [[1319]], Suecia e [[Noruega]] foron unidos polo rei [[Magnus Eriksson]] e en [[1397]] a raíña [[Margarida I de Dinamarca]] efectuou unha unión persoal de Suecia, Noruega e [[Dinamarca]], nacendo así a [[Unión de Kalmar]]. Con todo, os sucesores de Margarita, cuxo poder só estaba situado en Dinamarca, non podían controlar á nobreza sueca. O poder real tíñano por longos períodos de tempo, rexentes elixidos polo parlamento sueco. O rei Christian II de Dinamarca, quen fixo valer a súa condición a Suecia por medio das armas, ordenou unha masacre da nobreza sueca en [[Estocolmo]]. A matanza foi coñecida como o "Baño de sangue de Estocolmo" e incitou á nobreza sueca a formar unha nova resistencia e, o [[6 de xuño]], hoxe a festa nacional de Suecia, de [[1523]], nomearon a [[Gustavo I de Suecia]] como o seu rei. Este feito a miúdo é considerado como a fundación do estado moderno de Suecia. Pouco despois, Gustavo I rexeitou o [[catolicismo]] e introduciu a Suecia á [[Reforma Protestante]]. Por estes acontecementos Gustavo I é considerado como o "Pai da Nación".