Habano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?nounTitle=bitola&homonymNumber=
m Arranxos varios - AWB
Liña 1:
'''Habano''' é todo aquel [[Puro|cigarro puro]] no cal o 100% do tabaco empregado na súa composición é cultivado e manufacturado en [[Cuba]], tras múltiples e severos controis tanto a nivel do proceso agrícola de cultivo e secado.
 
==Historia==
Liña 5:
O [[Tabaco (planta)|tabaco]] é unha planta orixinaria de [[América do Sur]], dise que chega a Cuba entre os dous mil ou tres mil anos antes da nosa era {{cómpre referencia}}. O aborixe cubano era fiel consumidor de tabaco, para eles era como unha especie de medicina e imprescindible para acompañar cerimonias sociais, políticas e relixiosas, formando parte así dos seus principais cultivos.
 
Coa chegada dos españois a Cuba amósase esta planta ao mundo, desencadeándose instantaneamente unha forte paixón polo tabaco, gañando en España o maior número de adeptos.
 
Despois estenderíase a outras partes de [[Europa]], onde se estableceron as máis serias sancións para con o tabaco, mais curiosamente mentres máis o prohibían máis expandía o seu terreo de emprego con fins medicinais.
Liña 20:
 
==Cultivo==
Cuba está situada moi próxima ao [[Trópico de Cáncer]], cunha humidade relativa do 79% e unha temperatura media de 25 graos centígrados, recibe un réxime de chuvias que favorecen principalmente á rexión occidental do país, onde se sitúan as maiores veigas de tabaco de Cuba.
 
Se a este clima sumamos as características do solo de Cuba, é dicir, a composición química e propiedades agrícolas que distinguen ás zonas tabacaleiras e a experiencia e coidado que os torcedores poñen ao facer o produto cubano podemos facilmente entender o porqué do éxito do habano.
 
O cultivo comeza no [[sementeiro]], área onde se depositan as sementes coas condicións óptimas para a súa xerminación e desenvolvemento antes de trasladalas ao campo. Permanecen neste lugar arredor de 40 días. No mes de outubro realízase a posterior sementeira por etapas. Para ser colleitada a folla agárdase un período de 45 a 80 días desde que foi plantada.