Alfabeto tifinagh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios - AWB
Liña 52:
[[Ficheiro:Tifinagh.png|miniatura|280px|dereita|Tifinagh [[Instituto real da cultura amazigh|IRCAM]]]]
 
A finais dos anos 1960, desexosos de volver a poñer en uso o tifinagh, xoves bérberes intelectuais e artistas e xornalistas crearon en 1965 unha asociación cultural, a [[Academia bérber]] (AB), rebautizada ''Agraw Imazighen'' en 1967, ata a súa disolución en 1978. Esta asociación propuña un alfabeto estándar sobre a base dos tifinagh difundidos en Marrocos e en Alxeria (na Cabila e os Tuaregs), co obxectivo de facer revivir un alfabeto con varios milenios de historia e de poder transcribir o conxunto dos dialectos bérberes.
 
[[Salem Chaker]], profesor do [[INALCO]], propuxo unha revisión deste alfabeto (v. Tafsut. 1990 n° 14.). Propuxéronse outros sistemas a través da asociación Afus Deg Wfus (Roubaix), a revista ''Tifinagh'' (editada en Marrocos), o programa de Arabia Ware Benelux [http://www.arabiaware.com Arabia Ware Benelux] e o [[Instituto real da cultura amazigh|IRCAM]], e son relativamente similares.
Liña 60:
O aspecto principal que debe ser respectado no que atinxe á adopción dun sistema de escritura é o de reflectir dunha maneira simple o sistema fonolóxico dunha lingua dada. Por sistema fonolóxico entendemos o conxunto das consoantes e vogais dunha lingua que teñen un estatuto pertinente para distinguir entre dúas formas. Dito doutro xeito, un sistema de escritura para o galego por exemplo debe diferenciar entre as dúas consoantes /p/ e /b/ xa que a substitución dunha destas consoantes pola outra cambiaría totalmente o senso dunha palabra: par ≠ bar. Pola contra, esta mesma lingua non ten necesidade de dous signos para distinguir entre o ‘’’b’’’ de ‘‘’bico’’’, que é unha oclusiva labial sonora, e o de ‘’’cuba’’’, que é unha fricativa. O alfabeto non está obrigado a reflectir esta diferenza e sobrecargar o inventario alfabético da lingua posto que esta diferenza está condicionada polo contexto. Non se trata, xa que logo, de dous [[fonema]]s, senón máis ben de dous [[alófono]]s dun mesmo fonema /b/. Estas reflexións de orde fonolóxica, entre outras, non foron tidas en conta desgraciadamente pola AB, cousa que creou un sistema alfabético sobrecargado. Así, notou as [[espirante]]s /t/, /d/, /k/ e /g/ e as [[africada]]s /tch/ e /dj/ que, para un sistema fonolóxico común a todos as falas amazigh, non teñen razón de ser. A espirantización e a africación de algunhas consoantes son variacións rexionais (rifain e cabila, por exemplo) a miúdo condicionados polo contexto e que non teñen máis que unha feble pertinencia mesmo nestas falas. O sistema alfabético amazigh pode polo tanto pasar sen o risco da incomprensión.
 
Como antes precisamos, a tradición alfabética amazigh non notaba as vogais. Notaba secundariamente a vogal /a/ en final de enunciado. Os signos adoptados polos novos sistemas notaban normalmente as semivogais /y/ e /w/. Outros signos foron inventados para designar estas mesmas semivogais. Esta confusión reflicte paradoxicamente o carácter específico das vocoides bérberes. En bérber, como ocorre en [[lingua chleuh|chleuh]], agás a vogal /a/, os [[vocoide]]s /I/ e /U/ realízanse como vogais /i/ e /u/ se son silábicos e como semivogais /y/ e /w/ se non ovupan o núcleo da sílaba. Así, o vocoide /I/ realízase na forma seguinte: /Ig°na/ --> [ig°na] (‘’el coseu’’) como unha vogal /i/. Pero realízase como unha semivogal /y/ na mesma forma precedida dunha vogal: /ma Ig°na/ ---> [ma yg°na] (‘’Que coseu?’’)
 
Pero debemos ignorar estas dúas diferentes realizacións contextuais no sistema gráfico? Imos simplificar o alfabeto amazigh se optamos polos dous mesmos signos para notar tanto as vogais como as semivogais correspondentes? Evidentemente, a resposta é negativa. Outras consideracións poden e deben ser tidas en conta. Imaxinemos a forma seguinte con catro vocoides adxacentes « IIUId » (el devolveu) onde o primeiro e o terceiro vocoide se realizan como semivogais /y/ e /w/ respectivamente e o segundo e o cuarto como a vogal /i/. Sería máis fácil para o lector facer a pronunciación correcta se notamos as semivogais con signos diferentes dos das vogais e así ter a realización testemuñada: « yiwid ». Isto faría a interpretación menos laboriosa. S. Chaker (1994 - 34) propón para notar as vogais e as semivogais xogar coas variantes gráficas líbico/tifinagh. Esta solución parece perfectamente adecuada, ten a vantaxe de reflectir unha certa ambigüidade inherente aos vocoides bérberes e de nos impedir inventar signos que non teñen base histórica ningunha.
Liña 71:
 
* ''Azul, fellawen !'' : ⴰⵣⵓⵍ, ⴼⴻⵍⵍⴰⵡⴻⵏ !
 
* Capítulo de ''[[O Principiño]]'' de [[Antoine de Saint-Exupéry]] en tifinagh [http://hapax.qc.ca/PetitPrince-Astronome-Tifinaghe.html L'Astronome] (Unicode)
 
 
 
== Véxase tamén ==
Liña 86 ⟶ 83:
=== Bibliografía ===
 
* [[Théodore Monod]], ''L'Adrar Ahnet'', 1932, pp. 135-139 135–139
* Maurice Reygasse, ''Contribution à l'étude des gravures rupestres et inscriptions tifinagh du Sahara central'', Cinquantenaire Faculté Lettres Alger, 1932; pp. 437-534 437–534 (citados en Prasse 72)
 
=== Ligazóns externas ===