Apollo 8: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios - AWB
Liña 23:
}}
 
O '''Apollo 8''' foi a segunda misión tripulada do [[Proxecto Apollo]] dos [[Estados Unidos de América]], e a primeira en usar o enorme lanzador [[Saturno V]]. Foi a primeira viaxe espacial tripulada que escapou do campo gravitatorio terrestre, circunvalou a [[Lúa]] e entrou en órbita lunar.
 
== Tripulación ==
Liña 66:
Ao achegarse á Lúa, o 24 de decembro, realizouse unha ignición para frear a nave e insertala na órbita. Os tres astronautas foron os primeiros seres humanos en ver a cara oculta da Lúa cos seus propios ollos e a saída da Terra polo horizonte lunar. Durante a novena órbita, os tres leron por radio unha parte do libro bíblico da [[Xénese]], con motivo do [[Nadal]].
 
Na medianoite do 25 de decembro, realizouse unha ignición que elevou a velocidade da nave a 9682  km/h, embarcándoa nunha viaxe de retorno de pouco máis de dous días.
 
Antes de iniciar a reentrada, desacoplouse o módulo de servizo. Seis minutos antes de penetrar na atmosfera, a tripulación viu a Lúa saíndo sobre o horizonte terrestre, tal e como estaba previsto. Finalmente, o módulo de mando amarou no [[Pacífico]] Norte, preto de [[Hawai]].