Diferenzas entre revisións de «Magyar Televízió»

m
m (refs)
== Historia ==
=== MTV durante a República Popular de Hungría ===
As primeiras probas de Magyar Televízió tiveron lugar en [[1954]], pero non foi ata o [[23 de febreiro]] de [[1957]] cando comezaron as emisións regulares da televisión de Hungría. A inauguración oficial da canle produciuse o [[1 de maio]] de [[1957]], coa emisión dun desfile militar do Exército húngaro, e desde o [[2 de xullo]] dese mesmo ano empezaron a emitirse programas diarios de información. Nese tempo MTV formaba parte da radio pública húngara, [[Magyar Rádió]].<ref name="historiaoficial">{{cita web|url=http://www.hungariantelevision.eu/?id=196476|título=Hungarian Television: our History|dataacceso=2 de setembro de 2010|data=|autor=|editor=Magyar Televízió|lingua=inglés}}</ref> Desde a súa creación e ata o final da [[República Popular de Hungría]] en [[1989]], Magyar Televízió estivo controlada por completo polo Estado.<ref name="hungaro1">{{cita web|url=http://mek.oszk.hu/02100/02185/html/516.html|título=A Magyar Televízió története|dataacceso=2 de setembro de 2010|data=|autor=|editor=Magyar Electronikus Konyvtar|lingua=húngaro}}</ref>
 
Nos seus primeiros anos Magyar Televízió foi unha das cadeas de televisión máis activas de Europa do Leste, e foi unha das impulsoras dunha plataforma de televisións públicas da órbita socialista, distinta á [[Unión Europea de Radiodifusión]] (UER), que servise para intercambiar programas. Deste xeito, MTV foi un dos catro grupos fundadores da [[Organización Internacional de Radio e Televisión]] (OIRT) xunto a [[Checoslovaquia]], [[República Democrática Alemá|Alemaña Oriental]] e [[Polonia]].
393.002

edicións