República Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
 
== Nome ==
A '''República Serbia''' é chamada de xeito común na prensa e medios oficiais '''Republika Srpska'''.<ref>Por exemplo en: {{cita web|url=http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idMenu=82&idEdicion=970&pag1=1&idNoticia=331064 |título=A defensa de Karadzic negará a existencia do xenocidio de Srebrenica |editor=[[Galicia Hoxe]] |dataacceso=25 de novembro de 2014 |lingua=galego}}</ref> Segundo as regras das linguas eslavas, ''Srpska'' (ou sexa ''de Serbia''), pode ser tanto un adxectivo como un nome propio. Por mor da posible confusión entre aesta '''República Serbia''' (parte de Bosnia e Hercegovina á que se refire este artigo) e a [[República de Serbia]] (ou [[Serbia]], país independente), en ocasións o nome ''Republika Srpska'' déixase sen traducir nos países non eslavos para evitar confusións.
 
== Demografía ==
Liña 54:
 
== Historia ==
Trala independencia de [[Eslovenia]] e [[Croacia]] da antiga [[Iugoslavia]] o [[24 de outubro]] de [[1991]], créase a '''Asemblea Serbobosnia''' para defender os intereses serbobosnios dentro da antiga República Iugoslava de Bosnia e Hercegovina. Esta asemblea organizou un referendo para manterse unidos a Iugoslavia no caso de independencia de [[Bosnia e Hercegovina]]. O líder do principal partido serbiobosníaco [[Radovan Karadzic]] organizou as "Provincias Autónomas Serbias" e posteriormente declarou os territorios como '''República do Pobo Serbio de Bosnia e Hercegovina''' (''Република српског народа Босне и Херцеговина''). Isto foi declarado inconstitucional polo goberno de [[Saraxevo]], que votou unha nova constitución secesionista de Iugoslavia (caso análogo á da [[República Krajina de Serbia]] en Croacia).
 
En marzo de [[1992]] proclámase a independencia de Bosnia e Hercegovina co desacordo dos serbobosníacos(un terzo da poboación). Como reacción a República Serbia de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia o [[7 de abril]], e o [[12 de agosto]] eliminaba a referencia a Bosnia e Hercegovina no nome quedando só en Republika Srpska. Forzas paramilitares serbias e o exército iugoslavo (''JNA'', mandado polos serbios pero non formado unicamente por serbios) intentaron impedir a secesión bosníaca.