Educación infantil: Diferenzas entre revisións
MVF (conversa | contribucións) Nova páxina: thumb|200px '''Educación Infantil''' é o primeiro nivel educativo no sistema español. Precede á educación primaria (tamén coñecida coma educación bás... |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 13 de xullo de 2007 ás 08:47
Educación Infantil é o primeiro nivel educativo no sistema español. Precede á educación primaria (tamén coñecida coma educación básica) e non ten carácter obrigatorio. Actualmente o Real Decreto 1630/06 do 29 de decembro (a partir da LOE) regula as súas ensinanzas mínimas en todo o Estado. Xurdiiu na década de 1990, cando as novas reformas da LOGSE estableceron a necesidade de ampliar a educación formal á poboación de ata seis anos de idade. Para isto sustentouse nas teorías psicodegágoxicas do construtivismo e de autores coma Jean Piaget, Lev Vygotsky e a Liña de Desenvolvemento Curricular ou na pedagoxía progresista coñecida como a Escola Nova.
O seu obxectivo principal é "Contribuór ó desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos" (LOE Art. 12.2) e parte dunha serie de principios elementais:
- O enfoque globalizador.
- O xogo como motor do desenvolvemento humano.
- O principio de actividade.
- Os espazos e tempos dentro do escenario educativo.
- Promover aprendizaxes significativas no alumnado e partindo das ideas que xa posúen.
- A importancia da atención á diversidade e a coordinación coas familias.
Fundamentación
A Educación Infantil considera ó neno coma un ser con características especiais, propias, nun estadío particular de desenvolvemento (ou seguindo a Piaget dous estadíos: o sensoriomotor primeiro e o preoperacional despois), e que han de coñecerse. Así póñeno en valor coma un ser unitario biolóxica, psíquica e socialmente diferente e irrepetible, que está en veloz e continuo desenvolvemento, que dentro deste desenvolvemento constrúe de maneira activa e que é sexuado. Todo isto contrasta coas consideracións tradicionais que se facían do neno pequeno.
Para explicar este desenvolvemento infantil apóaise en dúas teorías construtivistas: as teorías xenético-cognitivas de Piaget e as xenético-dialécticas de Vygotsky. É dicir, o neno constrúe e se desenvolve grazas a:
- A actividade ou as actividades autoestruturantes (segundo Piaget), mediante as que incide nas súas propias estruturas internas ou esquemas de acción.
- A interacción co medio sociocultural de maneira activa. É o que Vygotsky denomina paso do nivel intersicolóxico ó intrasicolóxico.
Estas teorías psicopedagóxicas que sustentan os postulados da Educación Infantil tamén resaltan a importancia de:
- O desenvolvemento socioafectivo, especialmente apego, desenvolvemeto socio-moral, autonomía e individualización.
- O desenvolvemento psicomotor do neno.
- O desenvolvemento da linguaxe verbal e non verbal.
Estrutura
De carácter gratuíto pero non obrigatoria, está formada por dous ciclos educativos de tres cursos académicos cada un, que se denominan:
- Primeiro ciclo (0-3 anos), que aínda non é ofertado polo MEC.
- Segundo ciclo(3-6 anos), ofertado de maneira gratuíta polo MEC e as diferentes Comunidades Autónomas españolas.
O enfoque globalizador polo que opta implica que non se estruture por disciplinas ou materias senón polos denominados "Ámbitos de experiencia", que son, á súa vez, tres:
- Identidade e autonomía persoal.
- Medio físico e social.
- Linguaxes: Comunicación e representación.
Obxectivos
O Real Decreto 1630/06/06 establece coma o seu obxectivo principal o “Acadar un desenvolvemento integral e harmónico da persoa nos distintos planos: físico, motórico, emocional, afectivo, social e cognitivo e procurar as aprendizaxes que contribúen e fan posible dito desenvolvemento.”
Esta caracterización dos obxectivos convírtenos en guía e medio orientador para acadar as aprendizaxes do alumnado: os obxectivos non son pechados, definitivos ou observables, senón as intencións pedagóxicas e as capacidades que se espera que o alumnado desenvolva ó final desta etapa. Por isto son abertos e flexibles e, por tanto, concretables a calquera realidade e contexto educativo, desde o Estado ó mesmo aula ou alumno.
Renovación
A súa fundamentación psicopedagóxica ofrece unha nova visión do neno e das súas potencialidades educativas. Para isto, a reforma modificou considerablemente a educación coa introdución no currículo de aspectos coma o traballo por rincóns e por talleres ou a selección de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais.
Referencias
- RD 1630/06 (BOE, Decreto de mínimos)
- Palacios, Marchesi y Coll: Desarrollo psicológico y educación 1. Alianza Editorial. Madrid 1990.
- Pérez, A y Gimeno Sacristán. "Comprender y transformar la enseñanza", Morata, 1993.
- Ley Orgánica 2/2006 de 3 de Maio de Educación. Ministerio de Educación de España.