Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 210:
[[Ficheiro:Map 49 - Croatia - Operation Oluja, 4-8 August 1995.jpg|miniatura|Mapa da Operación Tormenta.]]
 
En agosto de 1995 Croacia comenzoucomezou a [[Operación Tormenta]] e rapidamente ocupou a maioría da RSK, excepto unha pequena franxa cerca da fronteira serbia. Nuns catro días, cerca de 150-200.000 serbios fuxiron, a maioría cara a Serbia e a Bosnia.
 
Fontes dos rebeldes serbios (Kovačević, Sekulić, Vrcelj, documentos do cuartel xeral da Protección Civil da RSK, Consello Supremo de Defensa) confirmaron que a evacuación fora planeada e organizada previamente. Segundo Amnistía Internacional, a operación supuxo a limpeza étnica de máis de 200.000 serbocroatas.
 
A natureza deste éxodo discútese aínda hoxe entre serbios e croatas: os primeiros sosteñen que a limpeza étnica foi planexadaplaneada polo Goberno croata, mentres que os segundos alegan que se respectou a promesa de Tudjman de non atacar aos civís e atribúen os casos de mortes a vinganzas e accións individuais de parte de grupos croatas descontrolados. Porén, o número real de refuxiados é difícil de establecer a causa da pouca fiabilidade das fontes (segundo algunhas delas, o número de refuxiados sería mesmo maior ao de habitantes da zona). En apoio disto, cítanse entrevistas co Xeneral norteamericano Robert Brown, o filósofo francés Alain Finkelkraut ou o escritor estadounidense Roy Gutman, que defenden ao Goberno croata tratando de aclarar o alcance real da situación, así como acreditando que cualqueracalquera crime de guerra ou limpeza étnica cometida sería fóra do control do Exército croata. Non obstante, posteriormente algúns oficiais croatas foron procesados por crimes de guerra cometidos durante estas operacións.
 
O exército croata procedeu a loitar contra os serbios en Bosnia, do lado dos bosníacos, pero a intervención diplomática de Estados Unidos obrigounos a desistir de posteriores e maiores avances. Se o exército croata chegara a ocupar a segunda cidade de Bosnia, [[Banja Luka]], moi preto da fronteira croata, a crise de refuxiados chegaría a ser intolerábel. Probabelmente decenas de miles de persoas tratarían de escapar cara ao leste a través do estreito corredor de Posavin, cara ao leste de Bosnia e cara a Serbia. En conxunto, o censo de 2001 mostra 380.032 serbios menos en Croacia, se o comparamos co de 1991. Algunhas fontes serbias din que estes datos son, incluso, minusvaloracións.