Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 122:
En agosto de 1991 a cidade fronteiriza de [[Vukovar]] foi sitiada, dando comezo así á [[Batalla de Vukovar]]. Tropas serbias rodearon completamente a cidade. A poboación croata, incluíndo a 204ª Brigada de Vukovar, atrincheirouse na cidade e mantivo as súas posicións contra un gran número de brigadas mecanizadas de ''elite'' do JNA, apoiadas por unidades paramilitares serbias. Civís etnicamente croatas refuxiáranse na cidade, mentres que outros grupos fuxiron en masa das zonas en conflito. En termos xerais, os croatas escaparon das zonas fronteirizas con Bosnia e Serbia, mentres os serbios movíanse cara a elas.
 
Hai evidencias das extremas privacións sufridas pola poboación de Vukovar naqueles momentos.<ref name="Blaskovich">[http://www.jblaskovich.com/PDF/AnatomyofDeceit.pdf Blaskovich, Jerry (1997). Anatomy Of Deceit, Realities Of War In Croatia, New York: Dunhill Publishing]. ISBN 0-935016-24-4.</ref> Algunhas estimacións cifran en 220.000croatas e 300.000 serbios o número de persoas desprazadas á forza durante a guerra en Croacia. Nos peores momentos do conflito, a finais de 1991, cerca de 550.000 persoas convertéronse temporalmente en refuxiados no lado croata. O censo de 1991 e o de 1993 mostran unha diferenza, na República Serbia de Krajina, de cerca de 102.000serbios e 135.000 croatas. En moitos lugares grandes grupos de civís foron desaloxados polos militares. Isto foi cualificado de [[limpeza étnica]], un termo que comenzoucomezou entón a empregarse e no que podía entenderse desde o desaloxo até o asasinato dos civís pertencentes a un determinado grupo étnico.
 
{{Véxase tamén|Limpeza étnica}}
 
O Presidente Tudjman realizou unha declaración o 5 de outubro de 1991 chamando a toda a poboación a mobilizarse e defenderse contra o que definía como o "imperialismo da Gran Serbia", levado a cabo polo proserbio JNA, formacións paramilitares serbias e forzas serbocroatas rebeldes. O 7 de outubro, unha explosión tivo lugar no edificio do Goberno en [[Zagreb]], no que estaban Tudjman, [[Stjepan Mesić|Mesić]] e [[Ante Marković|Marković]]. A explosión destruíu moitas dependencias de ''[[Banski dvori]]'', pero non conseguiu matar a ningún dos líderes. O Goberno declarou que fora un ataque aéreo a cargo da aviación do JNA. Ao parecer, o exército croata recibira informacións do aeródromo de Bihac (que pertencía ao JNA) o día antes sobre que unha misión aérea ultrasecreta se estaba preparando para o día seguinte, pero estas informacións non foron tidas en conta dada a falta de detalles.<ref>Martin Špegelj: "Memories of a Soldier" ("Uspomene Vojnika"), Zagreb 2nd edition</ref> O JNA negou a súa responsabilidade na explosión, acusando dela ao propio Goberno croata. Existen opinións que sosteñen que algunhas das poucas embaixadas e consulados que había entón en Zagreb retiraran parte do seu persoal ese día, suxerindo que existía información previa sobre un próximo ataque aéreo ou bomba. En cualquera caso, ao día seguinte o Parlamento croata cortou todos os lazos aínda existentes con Iugoslavia. O [[8 de outubro]] é, hoxe en día, considerado o Día da Independencia de Croacia.