Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Operation_storm_map.jpg" por "Map_49_-_Croatia_-_Operation_Oluja,_4-8_August_1995.jpg" segundo o ordenou [[comm
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
 
== A reafirmación de Serbia ==
En marzo de [[1989]], a crise en Iugoslavia profundizouseprofundouse tras a adopción dalgunhas emendas á Constitución socialista serbia. A través delas, o Goberno serbio puido reafirmar os seus poderes efectivos sobre as provincias ex autónomas de [[Kosovo]] e [[Voivodina]]. Dado que estas entidades tiñan dereito a voto a nivel da presidencia federal de Iugoslavia (seis membros das repúblicas e dous das provincias autónomas, agora ex autónomas), [[Serbia]], baixo o seu presidente [[Slobodan Milošević]], obtivo o control sobre tres votos de oito na elección da presidencia federal. Grazas aos apoios adicionais de [[República Popular de Montenegro|Montenegro]], habitado por serbios) e, ocasionalmente, [[Bosnia e Hercegovina]], Serbia estaba en condicións de exercer unha enorme influencia sobre o Goberno federal. Esta situación ocasionou protestas noutras repúblicas, así como propostas de reforma da federación iugoslava.
 
== Movementos electorais e constitucionais ==
O debilitamientodebilitamento do réxime comunista permitiu ao nacionalismo estender a súa presenza política, incluso dentro da propia Liga dos Comunistas de Iugoslavia. No XIV Congreso Extraordinario da Liga, celebrado o [[20 de xaneiro]] de [[1990]], as delegacións das repúblicas mostraron as súas discrepancias sobre os temas principais da federación iugoslava. A delegación croata demandou unha federación menos centralizada, mentres que a delegación serbia, encabezada por Milošević, se opuxo a iso. En consecuencia, os delegados eslovenos e croatas abandonaron o Congreso. Este feito considérase por algúns como o comezo do fin de Iugoslavia.
 
As primeiras eleccións libres foron convocadas entón en [[Croacia]] e [[Eslovenia]] para uns poucos meses máis tarde. As eleccións parlamentarias croatas celebráronse entre abril e maio de 1990 (a primeira rolda o 22 de abril e a segunda o 6 de maio).
Liña 59:
En agosto de 1990 celebrouse un referendo non oficial nas rexións croatas cunha substancial poboación serbia, que serían posteriormente coñecidas como a [[República Serbia de Krajina]] (RSK), situada na fronteira con [[Bosnia e Herzegovina]], sobre a cuestión da autonomía e soberanía serbias en Croacia.
{{Véxase tamén|Historia dos eslavos do sur#Croacia e Eslavonia: As Fronteiras Militares}}
[[Ficheiro:Krajina.png|miniatura|250px|En vermello, [[República Serbia de Krajina]], en [[Croacia]].<br /><small>Á esquerda, na fonteirafronteira con [[Bosnia e Hercegovina]]; á dereita, na [[Eslavonia|Eslavonia oriental]]. Nótese a coincidencia coas antigas ''Fronteiras Militares'' de Croacia.]]</small>
 
Isto fíxose para tratar de contrarrestar os cambios na Constitución. O Goberno croata tratou de bloquear o referendo enviando forzas policiais ás comisarías de policía rebeldes nas zonas serbias para confiscar as súas armas. Entre outros incidentes, civís serbios do sur de Croacia, a maioría en torno á cidade de [[Knin]], bloquearon as estradas de acceso aos destinos turísticos da costa de [[Dalmacia]]. Anos despois, durante o xuízo a [[Milan Martić]], [[Milan Babić]] afirmaría que foi enganado por Martić para organizar a revolta, e que esta —así como a guerra en Croacia en si mesma— foi responsabilidade de Martić, dentro dun plan orquestrado por Belgrado.<ref>[http://www.iwpr.net/?p=tri&s=f&o=259675&apc_state=henftri259753 IWPR news report: Martic "Provoked" Croatian Conflict]</ref> O Goberno croata respondeu ao bloqueo das estradas mediante o envío de corpos policiais especiais transportados por helicópteros, pero estes foron interceptados por avións de combate do Exército Iugoslavo e obrigados a regresaren a [[Zagreb]].
Liña 87:
Coa retirada de Croacia das forzas do JNA en 1992, unidades do mesmo foron reorganizadas como o Exército Serbio de Krajina, que foi un herdeiro directo do JNA, con escasas melloras organizativas.
 
Pola súa parte, o Exército Croata encontrábase aínda en peor estado. Na primeira fase da guerra a falta de unidades militares supuxo que a policía debera facerse cargo da maior parte do esforzo bélico. Finalmente, os corpos policiais terminarían por formaren o núcleo da nova forza militar en xestación, inicialmente denominada "Zbor Narodne Garde" ([[ZNG]]), e máis tarde "Hrvatska Vojska" ([[Exército de Terra Croata|HV]]), que foi fundado en 1990, pero non desenvolvido realmente até 1993. O armamento sempre fo i escaso, e moitas unidades foron formadas incluso desarmadas ou provistas de rifles da II Guerra Mundial. O Exército croata dispoñía tan só dunha presa de tanques (proveñentesprovenientes da II Guerra Mundial, como os [[T-34]]) e a súa forza aérea era aínda máis deficiente: uns poucos e viellosvellos biplanos fumigadores [[Antonov]] [[An-2]] reconvertéronse para lanzar bombas. O Exército estaba, porén, altamente motivado, e estruturado en unidades de combate locais —de modo que a xente dun pobo defendería a súa propia terra— o que supoñía que serían moi efectivas ao loitar no seu propio terreo. En agosto de 1991, o Exército croata tiña menos de 20 brigadas, que serían aumentadas a 60 contra finais dese ano tras a mobilización xeral ordenada en outubro. Tomando os cuarteis do JNA na chamada ''Batalla dos Cuarteis'' conseguirían aliviar significativamente o problema da escaseza de equipamento. Voluntarios locais e organizacións paramilitares como as [[Forzas de Defensa Croatas|HOS]] foron formadas rapidamente para mitigar o problema da falta de unidades, sendo posteriormente integradas no exército regular.
 
Contra 1995 o Exército Croata converteuse nunha forza de combate efectiva —probabelmente a mellor da rexión—fundamentada nas forzas de ''élite'' "Brigadas de Garda" (oito) e nos menos efectivos "Rexementos Nacionais de Defensa" e brigadas regulares. Esta organización supoñía que, en posteriores campañas, o Exército Croata perseguiría desenvolver unha variante de ''[[blitzkrieg]]'' coas Brigadas de Garda asumindo o papel de abrir brechas nas liñas, mentres outras unidades se dedicarían a aguantar a liña e completar o cerco e illamento das unidades inimigas.ć