Abrir o menú principal

Cambios

 
== Introdución dos romanos en Britania ==
Entre os anos [[-55|55]] e [[-40|-40 a.C.]], a política de pago de tributos, intercambio de reféns e vasallaxe das tribos británicas, iniciada coas invasións romanas de Britania comandadas por [[Xulio César]] durante a [[Guerra das Galias]], mantívose sen sufrir apenas cambios. [[Octavio Augusto|César Augusto]] preparou a invasión da illa en tres ocasiones ([[-34|34]], [[-27|27]] e [[-25|25 a.C.]]). A primeira e terceira foron abortadas por culpa de revoltas producidas noutras rexións do imperio e a segunda por culpa de que os líderes británicos parecían estar dispostos a chegar a un acordo co fin de evitar a guerra.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Dión_Casio Dión Casio], ''Historia Romana'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/49*.html#38 49.38], [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/53*.html#22 53.22], [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/53*.html#25 53.25]</ref> Segundo a ''Res Gestae'' de Augusto, dous reis británicos, Dumnovellauno e Tincomaro, viaxaron suplicantes a Roma durante o seu reinado, e a ''Xeografía'' de [[Estrabón]], escrita durante este período, di que Britania pagou máis en tributos e impostos do que podería terlle suposto se a illa fose conquistada.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Augusto Augusto], ''[//es.wikipedia.org/wiki/Res_Gestae_Divi_Augusti Res Gestae Divi Augusti]'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Augustus/Res_Gestae/6*.html#32 32]. </ref><ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Estrabón Estrabón] ''Geografía'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Strabo/4E*.html 4.5]</ref>
[[Ficheiro:Caesars_invasions_of_Britain.jpg|esquerda|miniatura|250x250px|Reconstrución da primeira das invasións de César á illa.]]
Na década dos anos [[40]], a situación política dentro de Britania era moi inestable. Os catuvellaunos desprazaran aos trinovantes como o reino máis poderoso do sueste de Britania, tomando a antiga capital Trinovantiana de Camuloduno (Colchester), e iniciaron unha política de presións cara ós seus veciños os atrebates, dirixidos polos descendentes do antigo aliado e posterior inimigo de Xulio César, Comio.<ref>John Creighton (2000), ''Coins and power in Late Iron Age Britain'', Cambridge University Press</ref>