Moncho Valcarce: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
A Ramón Valcarce detéñeno en [[Betanzos]] en setembro de 1974 nunha [[adega]] propiedade dun antigo [[Garda Civil|garda civil]] cando asistía a unha xuntanza. Bota tres días no cuartel e lévano ó [[cárcere]] da Coruña. Mentres permanece encadeado, os seus fregueses fan [[folga]] de misas, e cando o liberan organízanelle unha festa de recepción. A partir de aí decide implicarse nas estruturas políticas, e particularmente nas [[nacionalismo galego|nacionalistas]]. Participa na creación de ''[[Fouce]]'', a revista das [[Comisións Labregas]] e o [[21 de marzo]] de [[1977]] é xa formalmente militante da [[AN-PG]] (Asemblea Nacional- Popular Galega).
 
Pero Moncho Valcarce fíxose coñecido particularmente pola súa participación no [[conflito das Encrobas]]. Nas [[As Encrobas, Cerceda|Encrobas]], e grazas a un decreto asinado en [[1972]] polo xeneral [[Francisco Franco|Franco]], a empresa [[Lignitos de Meirama]] quería acceder ás terras dos campesiños titulares en troca do que estes consideraban baixas indemnizacións. No transcurso das manifestacións e enfrontamentos coa garda civil, Moncho Valcarce é detido o [[15 de febreiro]] de [[1977]].
 
Faleceu de [[cancro]] na [[A Coruña|Coruña]] aos 57 anos de idade. No seu libro ''Revolucionario e místico/Diario íntimo da doenza final'' ([[Encrucillada]], [[1994]]) reflicte os pensamentos deses últimos anos.