Moncho Valcarce: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
Porén será expulsado por mor duns escritos e o [[arcebispo]] [[Quiroga Palacios]] suxírelle que continúe na Coruña, por libre, os seus estudos eclesiásticos e convídao a realizar labor pastoral na igrexa de San Xosé e na Colexiata. Na [[igrexa de San Xosé, A Coruña|igrexa de San Xosé]] permanece ás ordes do [[párroco Xosé Lamas]] e na Colexiata ás do abade [[Manuel Espiña]]. Ó ano seguinte ([[1964]]), co cambio de autoridade e baixo a titoría de Manuel Espiña, volve novamente a Compostela e é ordenado sacerdote o [[19 de decembro]] de [[1969]].
 
Moncho Valcarce establécese como crego nas parroquias de [[Sésamo, Culleredo|Sésamo]] e [[Sueiro, Culleredo|SésamoSueiro]] en marzo de [[1971]], no seu primeiro destino como sacerdote. Fala galego, non emprega o vestiario tradicional dos [[crego]]s e calza a [[boina]]. Tamén se nega a cobrar a paga de sacerdote e as taxas polos servizos relixiosos. Datan dese tempo os seus primeiros enfrontamentos coa autoridade eclesiástica e a súa cada vez maior implicación co movemento [[antifranquismo|antifranquista]]. O [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]] instala unha imprenta na casa [[reitoral]], que se converte nun punto de encontro de pluralidade para distintos colectivos de distintas ideoloxías.
 
==Detencións e participación política==