Tribuno militar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Tribuno militar"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Un '''tribuno militar''' é tanto un oficial dunha [[lexión romana]] como un cargo oficial do estado [[Roma antiga|romano]].
 
No período [[República Romana|republicano]] había seis tribunos militares asignados a cada lexión. Dábaselles a autoridade a un deles e ían rotando no mando entre o seis. Os tribunos eran homes do rango [[Senado romano|senatorial]], e eran elixidos polo [[Senado romano|Senado.]]. Para conseguir o posto importaba máis a posición aristocrática da persoa en cuestión que a súa idoneidade para o cargo.
 
Doutra banda, durante o comezo da república, os tribunos ás veces eran elixidos para ocupar o posto dos [[Cónsul romano|cónsules]], como xefes do estado romano. Estes cargos eran coñecidos en [[Lingua latina|latín]] como ''Tribuni militum consulari potestate'', Tribunos militares con Poder Consular. Nese caso, no canto dos dous cónsules elixíanse entre catro e seis Tribunos militares, durante un mandato dun ano (a mesma duración que o mandato dos cónsules).
 
Non están moi claras as razóns para iso, aínda que [[Tito Livio]] en ocasións alude ás loitas entre as clases sociais ([[Patricio|patricios]] e [[Plebe|plebeos]]) desta época. É posible que os patricios apoiasen a elección de cónsules e os plebeos a de tribunos militares en parte polo feito de que, segundo ese autor, a maxistratura do consulado estaba por entón reservada ós patricios, mentres que non existía esa restrición no caso do tribuno militar. Con todo, esta opción caeu en desuso despois do ano [[-366|-366.]].
 
Tras as reformas realizadas por [[Caio Mario]] creando un exército profesional, as lexións pasarían a estar dirixidas por un legado. Seguíronse nomeando para cada lexión seis tribunos, pero os seus deberes e responsabilidades cambiaron.
Liña 14:
Os tribunos no exército profesional non tiñan deberes específicos. O legado encargábase de asignar as tarefas cando fose necesario.
 
== BibliografíaVéxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro|autor=Tito Livio| título=Historia de Roma desde su fundación|editorial=Ed. Gredos|ISBN=84-249-1429-5}}
* E. Lle Bohec, El ejército romano: instrumento para la conquista de un imperio, Ed. Ariel, Barcelona, 2004, ISBN 84-344-6723-2 978-84-344-6723-1
* Adrian Goldsworthy, ''El ejército romano'', Ed. Akal, Madrid 2005, ISBN 84-460-2234-6, 978-84-460-2234-6
 
{{Historia militar de Roma}}
 
{{Control de autoridades}}