Diferenzas entre revisións de «Airbus A320»

m
Cando [[Airbus]] deseñou o [[Airbus A300]] entre finais dos 60 e principios dos 70 concebíu unha ampla familia de avións de pasaxeiros coa que competir contra [[Boeing]] e [[Douglas]], dous fabricantes estadounidenses establecidos. Dende o momento da súa formación, Airbus comezara a estudar dous derivados do Airbus A300B para conseguir ese obxectivo a longo prazo.<ref>Wensveen 2007, p. 63</ref> Antes de que entrase en servizo o primeiro avión da compañía, os seus enxeñeiros identificaran nove posiles variantes do A300 coñecidas como A300B1 a B9.<ref>Gunston 2009</ref> Unha décima variante, concibida en [[1973]], máis tarde sería a primeira en fabricarse e foi designada como A300B10.<ref>Norris & Wagner 2001, p. 18</ref> Era un avión máis pequeno que acabaría converténdoe no [[Airbus A310]] de longo alcance. Airbus entón centrou os seus esforzos no mercado de corredor único, que estaba dominado polos [[Boeing 737]] e [[McDonnell Douglas DC-9]].
 
Os plans dun gran número de construtores europeos estaban chamados a ser o sucesor do relativamente exitoso [[BAC One-Eleven]], e o substituto do 737–200 e o DC-9.<ref name="A320 family">{{cita web|título=A320 family|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1997/1997%20-%202904.html|editor=Flight International|dataacceso=22 de febreiro de 2017}}</ref> [[Messerschmitt-Bölkow-Blohm]] (MBB), [[British Aircraft Corporation]], [[Saab]] e [[CASA]] traballaban no ''EUROPLANE'', un avión de 180 a 200 asentos.<ref name="A320 family" /><ref>Norris & Wagner 1999, p. 38</ref> O seu deseño foi abandonado despois de impoñerse as especificacións do A310.<ref>Norris & Wagner 1999, p. 41</ref> [[VFW-Fokker]], [[Dornier]] e [[Hawker Siddeley]] traballaban en varios deseños de 150 asentos.<ref name="A320 family" />
 
Xunto con [[British Aerospace|BAe]] (que naquel momento non formaba parte de Airbus) estaban MBB, Fokker-VFW e [[Aérospatiale]]. O estudio do deseño ''JET'' (Joint European Transport) trasladouse ao ''JET2'' (163 pasaxeiros), que despois se convertiría na serie Airbus S.A1/2/3 (Single Aisle), antes de reciir o nome de A320 para o seu lanzamento en [[1984]]. Anteriormente Hawker Siddeley producira un deseño chamado HS.134 "Airbus" en [[1965]],que era unha evolución do HS.121 (anteriormente DH.121) [[Hawker Siddeley Trident|Trident]],<ref>{{cita web|título=Hawker Siddeley Trident|url=http://www.century-of-flight.net/Aviation%20history/coming%20of%20age/Hawker-Siddeley%20Trident.htm|editor=Century of Flight|dataacceso=22 de febreiro de 2017}}</ref> que compartía moitas das características xerais do posterior deseño do estudio ''JET3''. O nome "Airbus" nese tempo referíase a un requerimento da [[BEA]] e non ao posterior programa internacional.
 
O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do [[Boeing 727|727]], e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do [[Boeing 737]]. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de [[Boeing 727|727]] e das primeiras variantes do [[Boeing 737|737]].
 
O A320 foi unha evolución do estudio JET (Joint European Transport) que comezou en xuño de [[1977]] baseado na entón sede de BAe (antigamente Hawker Siddeley) en Weybridge, Surrey, [[Reino Unido]]. O equipo de Hawker Siddeley producira previamente un deseño chamado HS.134 "Airbus" en [[1965]], unha evolución do HS.121 (anteriormente DH.121) Trident, que compartía moitas das características xerais do posterior deseño do estudio JET3. O nome "Airbus" nese momento referíase a un requirimento da aeroliña [[BEA]], e non ao posterior programa internacional.
 
Xunto a BAe (que nesa época non formaba parte de [[Airbus]]) estaba MBB, Fokker-VFW e Aérospatiale. O deseño do estudio JET que saiu adiante foi o JET2 (163 pasaxeiros), e que posteriormente se convertería na serie Airbus S.A1/2/3, antes de recibir o nome A320 en [[1984]].
 
Despois do aumento de prezo do petróleo dos anos 70, [[Airbus]] precisaba minimizar os custes nos gastos de combustible do A320. Para este fin, incorporou avanzadas características como os controis ''[[fly-by-wire]]'', estruturas primarias feitas en materiais compostos, control do centro de gravidade usando a distribución do combustible, sistema electrónico de instrumentos de voo e unha cabina con só dúas persoas. O resultado final foi que o A320 consumía un 50% menos de combustible que o [[Boeing 727|727]].
64.184

edicións