Airbus A320: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 22:
== Historia ==
=== Orixes ===
Cando [[Airbus]] deseñou o [[Airbus A300]] entre finais dos 60 e principios dos 70 concebíu unha ampla familia de avións de pasaxeiros coa que competir contra [[Boeing]] e [[Douglas]], dous fabricantes estadounidenses establecidos. Dende o momento da súa formación, Airbus comezara a estudar dous derivados do Airbus A300B para conseguir ese obxectivo a longo prazo.<ref>Wensveen 2007, p. 63</ref> Antes de que entrase en servizo o primeiro avión da compañía, os seus enxeñeiros identificaran nove posiles variantes do A300 coñecidas como A300B1 a B9.<ref>Gunston 2009</ref> Unha décima variante, concebidaconcibida en [[1973]], máis tarde sería a primeira en fabricarse e foi designada como A300B10.<ref>Norris & Wagner 2001, p. 18</ref> Era un avión máis pequeno que acabaría converténdoe no [[Airbus A310]] de longo alcance. Airbus entón centrou os seus esforzos no mercado de corredor único, que estaba dominado polos [[Boeing 737]] e [[McDonnell Douglas DC-9]].
 
O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do [[Boeing 727|727]], e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do [[Boeing 737]]. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de [[Boeing 727|727]] e das primeiras variantes do [[Boeing 737|737]].