Airbus A320: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 21:
 
== Historia ==
=== Orixes ===
Despois do éxito do [[Airbus A300|A300]], [[Airbus]] comezou a desenvolver un novo modelo destinado a substituír ao avión máis popular no mundo no momento, o [[Boeing 727]]. O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do [[Boeing 727|727]], e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do [[Boeing 737]]. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de [[Boeing 727|727]] e das primeiras variantes do [[Boeing 737|737]].
Cando [[Airbus]] deseñou o [[Airbus A300]] entre finais dos 60 e principios dos 70 concebíu unha ampla familia de avións de pasaxeiros coa que competir contra [[Boeing]] e [[Douglas]], dous fabricantes estadounidenses establecidos. Dende o momento da súa formación, Airbus comezara a estudar dous derivados do Airbus A300B para conseguir ese obxectivo a longo prazo.<ref>Wensveen 2007, p. 63</ref> Antes de que entrase en servizo o primeiro avión da compañía, os seus enxeñeiros identificaran nove posiles variantes do A300 coñecidas como A300B1 a B9.<ref>Gunston 2009</ref> Unha décima variante, concebida en [[1973]], máis tarde sería a primeira en fabricarse e foi designada como A300B10.<ref>Norris & Wagner 2001, p. 18</ref> Era un avión máis pequeno que acabaría converténdoe no [[Airbus A310]] de longo alcance. Airbus entón centrou os seus esforzos no mercado de corredor único, que estaba dominado polos [[Boeing 737]] e [[McDonnell Douglas DC-9]].
 
Despois do éxito do [[Airbus A300|A300]], [[Airbus]] comezou a desenvolver un novo modelo destinado a substituír ao avión máis popular no mundo no momento, o [[Boeing 727]]. O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do [[Boeing 727|727]], e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do [[Boeing 737]]. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de [[Boeing 727|727]] e das primeiras variantes do [[Boeing 737|737]].
O A320 foi unha evolución do estudio JET (Joint European Transport) que comezou en xuño de [[1977]] baseado na entón sede de BAe (antigamente Hawker Siddeley) en Weybridge, Surrey, [[Reino Unido]]. O equipo de Hawker Siddeley producira previamente un deseño chamado HS.134 "Airbus" en [[1965]], unha evolución do HS.121 (anteriormente DH.121) Trident, que compartía moitas das características xerais do posterior deseño do estudio JET3. O nome "Airbus" nese momento referíase a un requirimento da aeroliña o [[BEA]], e non ao posterior programa internacional.
 
Xunto a BAe (que nesa época non formaba parte de [[Airbus]]) estaba MBB, Fokker-VFW e Aérospatiale. O deseño do estudio JET que saiu adiante foi o JET2 (163 pasaxeiros), e que posteriormente se convertería na serie Airbus S.A1/2/3, antes de recibir o nome A320 en [[1984]].
Liña 29 ⟶ 32:
Despois do aumento de prezo do petróleo dos anos 70, [[Airbus]] precisaba minimizar os custes nos gastos de combustible do A320. Para este fin, incorporou avanzadas características como os controis ''[[fly-by-wire]]'', estruturas primarias feitas en materiais compostos, control do centro de gravidade usando a distribución do combustible, sistema electrónico de instrumentos de voo e unha cabina con só dúas persoas. O resultado final foi que o A320 consumía un 50% menos de combustible que o [[Boeing 727|727]].
[[Ficheiro:British Airways A320-100 G-BUSB.jpg|miniatura|250px|A320-100 de [[British Airways]]]]
 
== Variantes ==
Ata o momento só se fabricaron dúas variantes do A320 (á parte dos modelos que derivan do seu deseño, A318, A319 e A321).