Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51:
Saskia era unha moza de boa familia: o seu pai fora [[avogado]] e burgomaestre de [[Leeuwarden]]. Cando Saskia quedou orfa, sendo a irmá menor, tivo que irse vivir coa súa irmá en [[Het Bildt]]. O matrimonio, celebrado na igrexa local de St. Annaparochie, non contou coa asistencia dos parentes de Rembrandt. Ese mesmo ano Rembrandt converteuse nun membro máis da [[burguesía]] de Ámsterdam, así como da sociedade local de pintores. Entre os seus novos alumnos figuraban [[Ferdinand Bol]] e [[Govert Flinck]].<ref name=Bull-28>Bull, et al, p. 28</ref>
 
En 1635 o novo matrimonio mudouse á súa nova casa, situada no elegante barrio de Nieuwe Doelenstraat. En [[1639]], o matrimonio volveuse a mudar a unha casa, máis cara (o edificio é actualmente a sede da [[Casa Museo de Rembrandt|casa-museo Rembrandt]]), situada ao sur da rúa Sint Antoniesbreestraa, tramo que máis tarde pasaria a chamarse ''Jodenbreestraat'' (''Rúa Maior Xudía''), xa que esta zona de [[Ámsterdam]] estábase convertendo no barrio xudeu, a hipoteca para financiar a compra foi de 13.000 [[Florín neerlandés|floríns]];<ref group='nota'>A débeda contraída para poder pagar esa casa converteuse nun pesadelo económico para Rembrandt que lle perseguiría toda a súa vida.</ref> esta sería unha das causas principais para as súas posteriores dificultades financeiras.<ref name=Bull-28 /> En realidade, Rembrandt podía haber pago sobradamente o piso, pero ao parecer o seu nivel de gastos sempre se mantivo equilibrado co seu nivel de ingresos, e tamén puido realizar algúns investimentos pouco afortunadasafortunados.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 26-7, 76, 102}}</ref> Foi alí onde Rembrandt tratou a miúdo cos seus veciños xudeus, que serían modelo para as súas escenas do Antigo Testamento.<ref>Adams, pàg. 660</ref> Pese á inicial bonanza económica, co paso do tempo a parella atravesou numerosos reveses: así, o seu fillo Rumbartus morreu aos dous meses do seu nacemento, en 1635, e a súa filla Cornelia morreu ás tres semanas de idade, en 1638. En 1640 o matrimonio tivo unha segunda filla, á que tamén chamaron Cornelia, e que faleceu ao cabo dun mes. Só o seu cuarto fillo, [[Titus van Rijn]] (nacido en 1641) chegou a alcanzar a madurez. Saskia faleceu en 1642, ao pouco do parto de Titus, probablemente por [[tuberculose]]. Os debuxos de Rembrandt do leito de morte da súa esposa son imaxes profundamente conmovedoras.<ref name=Slive-71>Slive, p. 71</ref>
 
=== Outras relacións sentimentais ===