Diferenzas entre revisións de «Lingua meglenorromanesa»

sen resumo de edición
(engado control de autoridades)
| mapa = [[Ficheiro:South-Balkan-Romance-languages.png|centro|275px]]}}
 
O '''megleno-romanés''' ou '''meglenorromanés'''<ref>{{cita web|título=meglenorromanés|url=http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=42033&opcion=entrada&entrada=meglenorroman%E9s%20-sa|obra=Digalego|dataacceso=21 de febreiro de 2017}}</ref> é unha [[lingua romance]] integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co [[lingua romanesa|romanés]] que se fala nalgunhas poboacións do norte de [[Grecia]] e o sur da [[Antiga República Iugoslava de Macedonia]].
 
Os falantes deste idioma denomínanlle ''vlaheshte'' ([[Valaquia|valaco]]), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle ''limba meglenoromână''. O megleno-romanés é falado en [[2006]] por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de [[Salónica]], nas prefecturas gregas de [[Kilkís]] e [[Serres]] e en menor número na [[República de Macedonia]] inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a [[Primeira Guerra Mundial]] uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara [[Romanía]] estabelecéndose no poboado de [[Cerna]], distrito de [[Tulcea]] mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma [[lingua romanesa|dacorrumano]].
12.492

edicións