Diferenzas entre revisións de «Saint Kitts»

sen resumo de edición
m (→‎Historia: arranxiño)
Saint Kitts foi colocada orixinalmente por pobos arcaicos pre-agrícolas, pre-cerámicos, que emigraron cara ao sur polo arquipélago da Florida. Nuns poucos centos de anos desapareceron, para ser substituídos polos [[Saladoide]]s que xa coñecian a [[cerámica]] e a agricultura ao redor do 100 aC, que emigraron a Saint Kitts cara ao norte ata o arquipélago desde as beiras do [[río Orinoco]] en [[Venezuela]]. Ao redor do ano 800 dC, foron substituídos polos membros dos pobos [[Iñeri]] e [[Aruaque]].
 
Ao redor de 1300, os [[CaribePobo (etnia)caribe|kalinago]], ou caribes chegaron ás illas. Este pobo guerreiro dispersou rápidamente aos Igneri, e forzáronos marchar cara ao norte ata as [[Antillas Maiores]]. Chamárona "Liamuiga", que significa "illa fértil", e probablemente expandíranse cara ao norte se non fóra pola chegada dos europeos.
 
Unha expedición [[España | española]] baixo o mando [[Cristovo Colón]] descubriu e reclamou a illa para España en 1493. Un asentamento de curta duración de [[hugonote]]s [[Francia | franceses]] estableceuse na [[Dieppe Bay Town|Baía Dieppe]] en 1538.
224.261

edicións