395.153
edicións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
|cónxuxe =
}}
'''Osceola''', nado como '''Billy Powell''' en 1804, e finado en xaneiro de 1838, foi un influente líder dos [[pobo seminola|seminolas]] en Florida. De ascendencia mesturada, [[creek]], escocés e inglés, foi criado como un creek pola súa nai segundo o sistema matrilineal da tribo. Migrou coa súa tribo a Florida cando era neno xunto con outros refuxiados [[Red Stick]] despois da súa derrota en 1814 na [[guerra creek]].
En 1836, Osceola liderou unha pequena banda de guerreiros na resistencia seminola durante a [[Segunda guerra seminola]], cando os Estados Unidos tentaron deportar a tribo das súas terras en Florida. Converteuse en conselleiro de [[Micanopy]], o principal xefe dos seminola dende 1825 até 1849.<ref name=myths>[http://tfn.net/~cdk901/osceola.htm "Osceola, the Man and the Myths"], retrieved January 11, 2007 {{wayback|url=http://tfn.net/~cdk901/osceola.htm |data=20061202105713|dp=y }}</ref> Osceola liderou a guerra de resistencia até que foi capturado en setembro de 1837 por engano, baixo unha bandeira de tregua,<ref>John K. Mahon, HISTORY OF THE SEMINOLE WAR 1835-1842, Second edition (Gainesville: University of Florida, 1985), p. 214. "General Jessup now reached the decision which was to make him more infamous than famous in the eyes of many generations. He decided to persist in his new policy of ignoring flags of truce."</ref> cando foi a un forte dos Estados Unidos para falar de paz. Por mor da súa fama, Osceola atraeu visitantes e pintores. Morreu poucos meses despois en prisión en [[Fort Moultrie]], [[Charleston, Carolina do Sur]], e o motivo declarado foi unha infección de malaria.
|
edicións