Orthocoronavirinae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 11:
| subdivision_ranks = Xéneros
| subdivision =
*''[[Alphacoronavirus]]''<br>
*''[[Betacoronavirus]]''<br>
*''[[Deltacoronavirus]]''<br>
*''[[Gammacoronavirus]]''
}}
Liña 30:
Nos [[galiña|polos]] o [[virus da bronquite infecciosa]] (IBV), que tamén é un coronavirus, afecta non só ao tracto respiratorio senón tamén o tracto uroxenital. O virus pode espallarse a diversos órganos do animal.
 
Os coronavirus poden causar diversas doenzas en animais domésticos e mascotas, algunhas das cales poden ser graves e son unha ameaza para a industria agropecuaria. Economicamente, os coronavirus importantes de animais domésticos son o coronavirus [[porcino]] ([[coronavirus da gastroenterite transmisible]]) e o coronavirus [[bovino]]; ambos os dous orixinan [[diarrea]] nos animais novos.
 
O [[coronavirus felino]] pode aparecer en dúas formas, unha das cales é o coronavirus entérico felino, que é un patóxeno de importancia clínica menor, pero a súa mutación espontánea dá lugar a outra forma que causa [[peritonite infecciosa felina]], unha enfermidade con alta mortalidade.
Liña 54:
 
== Descubrimentos recentes de novos coronavirus humanos ==
Despois da gran alarma e publicidade creada pola epidemia de [[SARS]] de 2003, produciuse un renovado interese polos coronavirus no campo da [[viroloxía]]. Durante moitos anos, os científicos só coñeceron a existencia de dous coronavirus humanos (HCoV-229E e HCoV-OC43). O descubrimento do coronavirus SARS (SARS-CoV) engadiu outro coronoavirus humano a esa curta lista.
 
A finais de 2004, tres laboratorios de investigación independentemente informaron do descubrimento dun cuarto coronavirus humano. Déuselle os nomes de NL63, NL ou New Haven coronavirus, xa que cada grupo de investigación lle deu un nome.<ref>{{Cita publicación periódica|author=van der Hoek L |title=Identification of a new human coronavirus |journal=Nature Medicine |volume=10 |issue=4 |pages=368–73 |year=2004 |pmid=15034574 |doi=10.1038/nm1024|display-authors=3}}</ref> O nome que debe levar este cuarto coronavirus é aínda controvertido, porque os tres laboratorios están batallando sobre quen foi o que descubriu o virus primeiro, o que lle daría dereito a poñerlle o nome.
 
A comezos de 2005, un equipo de investigación da Universidade de Hong Kong informou do descubrimento do quinto coronavirus humano en dous pacientes con [[pneumonía]], e denominouno [[HKU1]].
 
En setembro de 2012, en [[Qatar]] e [[Arabia Saudita]] descubriuse o que se cría que era un novo coronavirus, provisoriamente denominado [[Novo coronavirus 2012]],<ref name="NPR">{{cite news|last=Doucleef|first=Michaeleen|title=Scientists Go Deep On Genes Of SARS-Like Virus|url=http://www.npr.org/blogs/health/2012/09/25/161770135/scientists-go-deep-on-genes-of-sars-like-virus|accessdate=27 September 2012|newspaper=Associated Press|date=26 September 2012}}</ref> que é similar ao SARS (pero distinto del, e tamén diferente do coronavirus que causa o arrefriado común),<ref>{{cite news|url=http://thechart.blogs.cnn.com/2012/09/24/new-sars-like-virus-poses-medical-mystery/?hpt=he_c2|title=New SARS-like virus poses medical mystery|accessdate=16 March 2013|date=24 September 2012|author= Miriam Falco|work=CNN Health}}</ref> A [[Organización Mundial da Saúde]] emitiu unha alerta global ao respecto<ref>{{cite news|url=http://www.aljazeera.com/news/middleeast/2012/09/2012924182013530585.html|title=New SARS-like virus found in Middle East|accessdate=16 March 2013|date=24 September 2012|work=Al-Jazeerra}}</ref> e emitiuse unha definición do caso provisoria para axudar aos distintos países a tomar medidas de protección da saúde contra este novo virus.<ref name=CNN2012>{{cite news|title=Novel coronavirus infection - update |url=http://www.emro.who.int/media/news/novel-coronavirus-infection.html |accessdate=26 September 2012}}</ref> A actualización da información da [[OMS]] de setembro de 2012 dicía que o virus parecía non transmitirse doadamente de persoa a persoa.<ref name=Reuters2012>{{cite news|url=http://www.reuters.com/article/2012/09/28/us-virus-who-idUSBRE88R0F220120928 |title=New virus not spreading easily between people: WHO|accessdate=16 March 2013|date=28 September 2012|author=Kate Kelland|work=Reuters}}</ref> Porén, en maio de 2013, o ministerio francés de Asuntos Sociais e Sanidade confirmou un caso de contaminación de humano a humano. <ref>[http://www.social-sante.gouv.fr/actualite-presse,42/communiques,2322/nouveau-coronavirus-point-de,15820.html ''Nouveau coronavirus - Point de situation : Un nouveau cas d’infection confirmé''] May 12, 2013 social-sante.gouv.fr</ref>
 
Existiu algunha confusión entre o Novo coronavirus 2012 (NCoV) e o coronavirus humano-Centro Médico Erasmus (HCoV-EMC). En realidade, ambas as variantes son a mesma. O nome Novo coronavirus 2012 (''Novel Corona Virus 2012'', NCoV) foi o que se lle deu ao virus antes de que fose adecuadamente secuenciado. Cando o Centro Médico Erasmus dos [[Países Baixos]] conseguiu facelo, ao virus déuselle o seu nome científico correcto, seguindo os procedementos aceptados para a denominación.