Clotario II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 6:
Proclamado rei de Neustria á morte do seu pai con só meses de idade. A rexencia lévaa a súa nai Fredegunda. Pronto comezou a ter problemas cos nobres que lle reprochaban a forma en que obtivera o poder.
 
Non podendo gobernar só, chamou ao seu cuñado [[Gontrán I]], que xa controlaba a maioría do reino franco. Este fai promulgar no ano [[587]] mediante o [[tratado de Andelot]] numerosas reformas conducentes a simplificar a xestión do reino.
 
Gontrán fai tamén recoñecer, baixo o nome da [[lei sálica]], un costume segundo a cal o rei non necesitará dividir o reino entre os seus herdeiros. Debe designar un só e único sucesor. Se non o fai, terase en conta a primoxenitura masculina ou o parentesco próximo.
 
Gontrán morre no [[592]], deixando ao seu sobriño baixo a tutela dun consello formado por [[leudes]] e [[mordomo de palacio|Mordomos de Palacio]]. Fredegunda morre no [[597]], deixando ao seu fillo con enormes dificultades.
 
Gontrán deixara a maior parte das súas posesións ao seu outro sobriño, [[Khildeberto II]]. Á súa morte Clotario convértese no rei de todos os francos.
 
Un dos primeiros actos de Clotario foi de vinganza. Fai asasinar a [[Brunequilda]], nunha ofrenda póstuma á súa nai.
 
Desde o [[613]] ata a súa morte no [[629]], Clotario II goberna un país franco unificado, pacificado, pero con xordas loitas de influencia entre o poder central e os seus leudes, que non puidera eliminar, necesitando numerosos administradores para un reino tan grande. Neste momento é cando comeza o poderío dos mordomos de palacio, aos cales cede o mando dos exércitos e recoñece como hereditario o cargo de mordomo. Constituíndo unha ameaza para o trono.