Segunda Idade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
{{Historia de Arda}}A '''Segunda Idade''' é un período temporal do [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]] sobre o mundo ficticio de [[Arda]]. A historia de Arda debe interpretarse en sentido ficticio como a historia da Terra real.
 
A Segunda Idade comezou após o desterro de [[Morgoth]] ao Baleiro por parte dos [[Valar|Señores do Oeste]] liderados por [[Eönwë]] o Heraldo de [[Manwë]].
 
Durou 3441 anos, e rematou coa caída de [[Sauron]], derrotado pola [[Última Alianza de Elfos e Homes]] despois da ruína de [[Númenor]].
Liña 7:
Esta idade caracterizouse polo auxe de Númenor, o apoxeo de Sauron na Terra Media (que asistiu á creación dos [[Nazgûl|Espectros do Anel]]), e as primeiras guerras dos [[Aneis de Poder|Aneis]] entre Sauron e os [[Elfo]]s.
 
Non existen apenas crónicas dos 3441 anos da Segunda Idade, ao contrario do acontecido coa [[Primeira Idade]], amplamente recollida n'''[[O Silmarillion]]'', e a [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]], período no que se encadra ''[[O Señor dos Aneis]]''. Alén das referencias á Segunda Idade contidas n' ''O Señor dos Aneis'', outros escritos máis breves enchen parte do baleiro entre a caída de Morgoth ao final da Primeira Idade e a primeira derrota de Sauron, que marcou o comezo da Terceira Idade.
 
"A Historia dos Anos" do Apéndice B d'''[[O Señor dos Aneis]]'' bosquexa os principais acontecementos da Segunda Idade, especialmente aqueles vencellados aos Aneis de Poder e aos sucesos e personaxes d' ''O Señor dos Aneis''. O Apéndice A contén xenealoxías da casa real de Númenor, e varias das seccións de ''[[Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth]]'' tratan amplamente de Númenor e algúns dos seus reis. Existen outros escritos acerca desta idade, mais por mor da grande cantidade de relatos dos que só se dan indicios nas fontes existentes, a Segunda Idade segue a ter un carácter difuso.