Humanos anatomicamente modernos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 18:
}}
 
O termo de '''humanos anatomicamente modernos'''<ref>[http://books.google.com/books?id=py01HMuAIh4C&pg=PA168 168] Matthew H. Nitecki, Doris V. Nitecki. Origins of Anatomically Modern Humans. Springer, Jan 31, 1994 (en inglés)</ref> ou ''' ''Homo sapiens'' anatomicamente modernos''' en paleoantropoloxía refírese aos individuos das poboacións de [[Homo sapiens]] con aparencia que cadra co rango de [[fenotipo]]s dos humanos actuais.
 
Os humanos anatomicamente modernos, isto é, todas as poboacións humanas actuais, son froito da evolución a partir da arcaica especie ''[[Homo sapiens]]'' do [[Paleolítico Medio|paleolítico medio]], hai 200 mil anos<ref>Human Evolution: A Neuropsychological Perspective. By John L. Bradshaw. [http://books.google.com/books?id=y-Ojrbq_MowC&pg=PA185 Pg 185]</ref>. A aparición dos humanos anatomicamente modernos marcan a aparición da subespecie ''' ''Homo sapiens sapiens'' '''. O fósil recollido máis antigo de humanos modernos son os ''restos de Omo'', en [[Etiopía]], que datan de 195,000 (±5,000) e que constan de partes de dous restos craniais, un brazo, unha perna, un pé e ósos de cadeira<ref>[http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=fossil-reanalysis-pushes]''Fossil Reanalysis Pushes Back Origin of Homo sapiens''. Scientific American. 2005.</ref><ref>[http://www.nature.com/nature/journal/v433/n7027/abs/nature03258.html] McDougall. ''Stratigraphic placement and age of modern humans from Kibish, Ethiopia''. Nature. Vol 433, 7027, páx 733-736.</ref>.
 
Outros fósiles inclúen a ''[[Homo sapiens idaltu]]'' extraído no [[sitio arqueolóxico]] de [[Herto Bouri|Herto]] en [[Etiopía]] e restos de cranios en [[Israel]] que datan de 90 mil anos<ref>White ''et al''.Pleistocene ''Homo sapiens'' from Middle Awash, Ethiopia. Nature, Vol 423. 2003.</ref>
<ref>[http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=4290541] Femoral neck-shaft angles of the Qafzeh-Skhul early modern humans, and activity levels among immature near eastern Middle Paleolithic hominids. Journal of Human Evolution. Vol 25, páx. 393-416. 1993.</ref>.
 
== Nomenclatura e anatomía ==
A [[Nomenclatura binomial|nome binomial]] para a [[especie]] [[taxon]]ómica das poboacións mundiais humanas é ''Homo sapiens''. A especie estímase que xorde a partir dun predecesor do xénero ''[[Homo]]'' hai 200 mil anos atrás.
 
Os humanos anatomicamente modernos distínguense dos seus previos antecesores, os [[Homo sapiens arcaicos|''Homo sapiens'' arcaicos]], por unha serie de características anatómicas. Os humanos arcaicos tiñan uns esqueletos máis robustos, o que mostra que vivían nun ambiente que fisicamente requiría ben máis; e que sinala a que os humanos anatomicamente modernos, que temos estruturas máis gráciles, pasamos a depender máis da [[tecnoloxía]] que da capacidade de exercer ou manter esforzos físicos para poder cumprir as condicións impostas polo ambiente.
 
Os ''Homo sapiens'' arcaicos tiñan uns arcos superciliares prominentes (iso é, cunhas capas óseas prominentes por riba dos arcos oculares). Coa aparición dos humanos modernos os arcos superciliares fóronse reducindo e nas actuais poboacións humanas son habitualmente pouco destacados. Os humanos modernos, porén, destacan polo queixo, algo do que carecían os ''Homo sapiens'' arcaicos. Os humanos anatomicamente modernos temos unha testa moi vertical mais os predecesores tiñan testas máis inclinadas cara a atrás. A testa vertical dos humanos actuais non só permite albergar un cerebro de máis volume senón que tamén supón un punto moi importante na comunicación por xestos grazas aos movementos da pel da testa<ref>[http://books.google.es/books?id=Wa9zntiEKeAC&printsec=frontcover&redir_esc=y#PPA22,M1] Desmond Morris. Capítulo "The Brown", "The Naked Woman: A Study of the Female Body".2007</ref>
 
== Os primeiros humanos modernos ==
[[Ficheiro:Skhul.JPG|miniatura|dereita|250px|Skhul V (c. 500,000 a.C.) que mostra características varias de dos primeiros ''Homo sapiens'' e dos humanos anatomicamente modernos.]]
 
Os restos de Omo, un [[Homo sapiens idaltu]] de Herto, sitios arqueolóxicos de Skhul e os restos de Jebel Qafzeh son os restos habitualmente nomeados como ''Primeiros homes actuais'' xa que os seus esqueletos mostran unha mestura de trazos dos [[Homo sapiens arcaicos|arcaicos]] e dos modernos. Skhul V, como exemplo, ten unha prominente mandíbula e unha cara proxectada frontalmente. Mais o córtex cranial de Shkul é diferente de Neanderthais e semellante á de humanos modernos.
 
En humanos modernos hai subespecies recoñecidas, como é ''[[Homo sapiens sapiens]]'', que abrangue a toda a poboación humana actual, e ''[[Homo sapiens idaltu|H.s. idaltu]]'', descrita por restos fósiles que datan de 160 mil anos. En Europa os primeiros humanos modernos chamáronse [[Cro-Magnon]]s.
 
{| class="wikitable" border="1" width="444"
Liña 71:
 
== Comportamentos dos humanos modernos ==
Existe un amplo debate sobre se os primeiros humanos anatomicamente modernos se comportaban dun xeito parecido a poboación humana actual. Os comportamentos destacados dos humanos modernos son a [[Orixe da linguaxe|lingua]], a capacidade para pensamentos abstractos grazas ao [[símbolo|simbolismo]] que permitan expresar a creatividade [[creatividade|cultural]].
 
As dúas hipóteses predominantes son opostas na orixe do comportamento moderno. Algúns autores argumentan que os humanos conseguiron primeiro as diferenzas anatómicas, hai 200 mil anos, e posteriormente grazas a esas capacidades adquirirían o comportamento humano actual hai 50 mil anos atrás. Esta hipótese está sentada con rexistros fósiles e sustancias bioxénicas de puntos de máis de 50 mil anos de antigüidade. Con isto habería unha diferenza entre os ''humanos anatomicamente modernos'' e os ''humanos de comportamento moderno''<ref name="mellars">[http://www.pnas.org/cgi/reprint/0510792103v1] Mellars, P. "Why did modern human populations disperse from Africa ca. 60,000 years ago?". PNAS, Vol 103, páx 9381-6. 2006. </ref>
 
A visión oposta é que os humanos acadaron o comportamento e as características anatomicamente modernas ao mesmo tempo <ref>[http://www.eva.mpg.de/evolution/staff/soressi/pdf/Soressi2005_ToolsToSymbols.pdf Late Mousterian lithic technology : its implications for the pace of the emergence of behavioural modernity and the relationship between behavioural modernity and biological modernity.]</ref>. Como dato nesta liña, arguméntase que os humanos xa evolucionaran cara a un esqueleto máis lixeiro <ref>Meldrum e Hilton. "From Biped to Strider: The Emergence of Modern Human Walking, Running and Resource Transport". Springer, Mar 31, 2004.</ref>. Durante a transición aos humanos anatomicamente modernos, iso puido ter sido froito da maior interacción cooperativa en humanos<ref>"The Biology of Religious Behavior". Editado por Jay R. Feierman. Páx 220</ref><ref>"The Oxford Handbook of Comparative Evolutionary Psychology". Editado por Jennifer Vonk, Todd K. Shackelford. Páx 429.</ref>. É máis, iso puido ser incentivado polo aumento do uso das [[tecnoloxía]]s, algo característico no comportamento humano moderno.