Lobishome: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 8:
 
O lobishome de noite cámbiase en lobo de distintos xeitos. Os primeiros síntomas da doenza preséntanse en forma de fonda tristura. A seguir, nun día determinado, xeralmente un venres ás doce da noite, foxe da casa e prodúcese a transformación. Fai entón toda clase de ruindades e crimes, especialmente con seres humanos. Namentres anda de lobo, non hai pau, nin pedra, nin arma branca, nin bala que o poida ferir.
Pódese crebar a mala fada de varios xeitos: facéndolle sangue; quitándolle a pel de lobo que leva e, principalmente, queimándolla; sorprendéndoo e descubríndoo cando se envorca na poeira.
 
O máis corrente é que o lobishome soamente ande convertido en lobo por tempadas, ou polas noites, ou durante certos días, e a fada pódelle durar máis ou menos anos.
 
Do lobishome correron por Europa centos de historias e casos que deron lugar a causas por bruxería e a escritos de moitas sortes.
Liña 18:
== Galicia ==
{{Artigo principal|O lobo na cultura popular galega}}
En Galicia a tradición sinala que se un matrimonio ten sete ou nove fillos homes sen que nacese femia ningunha polo medio, o último queda marcado polo estigma da fada, converténdose en lobishome, foxe para o bosque por un período de sete anos (aínda que segundo as zonas pode variar entre seis e nove anos), e nese tempo non pode ser ferido nin capturado. Con todo, na tradición galega tamén existe o neno que nace xa cos síntomas do lobishome e que padece ciclicamente os síntomas.
 
Un dos casos máis coñecidos de lobishome foi [[Manuel Blanco Romasanta]], o lobishome de [[Allariz]].