Escudo de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 2:
O '''escudo da [[Vigo|cidade de Vigo]]''' atópase regulado por un acordo do seu [[Concello]] aprobado o 7 de abril de 1987. A descrición do escudo tal e como aparece na norma que o regula é a seguinte:
 
{{cita|''En campo azul claro, un castelo de base cadrada rematado nunha torre ameada, todo en ouro, na porta baixa unha porta con arco de medio punto, dúas fiestras cadradas no corpo medio e dúas troneiras, tamén cadradas na torriña superior. Na banda esqueda do castelo hai unha oliveira de sinople con tronco marrón. Todo nun cotarelo sobor dun mar de seis franxas ondeantes de azul mariño.''
 
''Unha bordura de gules separada por unha pequena fita branca.''
Liña 14:
 
== Versión actual ==
A versión actual do escudo é unha copia do que adornaba a fonte de Neptuno que estivo situada noutrora na Porta do Sol. En 1917 [[Marcelino Domínguez Elías]], cronista da cidade, expuxo no Boletín da [[Real Academia Galega]] a conveniencia de establecer como modelo oficial do escudo, a versión que continúa a estar vixente na actualidade (véxase imaxe).
 
É frecuente que no escudo non figuren o bordo, a fita branca, nin a divisa malia que a norma que o regula establece o seu uso.
 
== Galería de imaxes ==