Ximnospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Microspora > micróspora.
m →‎Características: Arranxos varios
Liña 5:
Son plantas leñosas, case sempre [[árbore|arbóreas]], ás veces arbustivas ou de biotipo palmeroide. As súas flores son sinxelas, pouco chamativas, de polinización case sempre [[Anemofilia|anemófila]], coas flores dispostas case sempre en estróbilos.
 
A produción de sementes distingue ás ximnospermas (xunto coas [[anxiospermas]]) do resto das plantas vasculares. As ximnospermas son '''[[heterospóreas]]''', producindo [[Micróspora|micrósporasmicróspora]]s que se presentan como grans de [[pole]] e [[Macróspora|macrósporasmacróspora]]s que conteñen unha oosfera ou gameto feminino (nun [[gametófito]] femenino, ou óvulo). Como resultado da [[fecundación]] (ó unírense os gametos masculino e feminino derivados das esporas), fórmase o embrión. Este, acompañado polas envoltas e outros tecidos do óvulo, remata por formar a semente, que é unha fase esporofítica con repouso (diapausa).
 
A diferenza das anxiospermas, non teñen a semente totalmente cuberta pola folla fértil ou carpelo, polo que tamén é chamada semente espida.